Conversa:Grelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Untitled[editar a fonte]

Asemella ter moito parecido o texto: O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo. A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores. Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos da nosa terra, como o lacón con grelos. O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza. Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza. Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

http://www.granxafamiliar.com/nososproductos/producto.php?producto=17&categoria=A%20nosa%20horta&nombre=Grelo (mensaxe da IP 91.117.1.51 14:21, 21 de agosto de 2012 que esqueceu asinar) --Elvira (Conversa comigo) 15:48, 21 de agosto de 2012 (UTC)

O contrario tamén semella posible :
  1. o copyright do sitio web leva data do 2007
  2. o artigo da Galipedia comezouse antes :

"

Aínda que orixinalmente o nome grelo reférese a gromo en xeral, grelo aplícase en Galicia co significado do gromo do nabo.

A apariencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores. Empregase para cociñar o caldo galego e outros platos típicos, como o lacón con grelos. O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza. Un bon sistema para saber se o grelo é mole ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferencia do grelo e as nabizas : estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

"

"

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo.

"

  • etc etc

Eu estaría mais a favor de pensar co sitio web copio da Galipedia e logo amañou ao seu xeito. A ver se alguén pódelle preguntar, eu non valo para iso. --Elvira (Conversa comigo) 15:45, 21 de agosto de 2012 (UTC)

hai un truco infalible para saber quen plaxiou a quen... o que teña menos datos -> culpable. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións)