Misticismo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: th:รหัสยลัทธิ |
m r2.7.1) (Bot: Engado: war:Mistisismo |
||
Liña 72: | Liña 72: | ||
[[uk:Містицизм]] |
[[uk:Містицизм]] |
||
[[vi:Huyền học]] |
[[vi:Huyền học]] |
||
[[war:Mistisismo]] |
|||
[[yi:מיסטיק]] |
[[yi:מיסטיק]] |
||
[[zh:神秘主義]] |
[[zh:神秘主義]] |
Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2012 ás 17:42
O misticismo é un estado de unión inefable co sagrado que adoita traducirse nunha experiencia de éxtase. Adquire diversas significacións consonte a filosofía ou a relixión de quen o experimenta. Denomínase así tamén a doutrina ou conxunto de doutrinas que estudan e promoven a experiencia mística.
Tipos e características
No budismo a experiencia mística pódese identificar co nirvana no que o ego se disolve na nada tras acadar a iluminación mediante unha esforzada disciplina física e espiritual. Isto ten precedentes que perduran no hinduísmo onde a personalidade se esvae no gran océano divino fundíndose o atman co Brahma.
No xudaísmo a principal corrente mística denomínase Cábala. O fillo de Isaac, Xacobe cambiou o seu nome polo de Israel (forte con Deus, e o que loita contra Deus) tras unha experiencia mística de loita coa divindade. Aquí a experiencia non supón a dilución da personalidade senón a súa purificación e reafirmación individual e colectiva. A experiencia de Moisés coa silveira ardente tradúcese nun mandato de liberación da escravitude de Exipto. O canto erótico do Cantar dos Cantares, sen perder o seu contido de sexualidade carnal, ten unha lectura mística que completa o seu sentido onde Deus é o amado e Israel a amada. Este cántico será a referencia simbólica e literaria do misticismo cristián.
Filósofos neoplatónicos como Plotino describen unha experiencia de fusión co Un que pode ser cualificada de mística.
No cristianismo, a experiencia non é de fusión nin de esvaemento senón de comuñón. Na Igrexa Siríaca seguen moi vivas a nivel litúrxico as experiencias místicas que se trasladaron aos cantos de Efrén o Sirio. Na Igrexa Ortodoxa Copta a vida ascética de Antón Abade segue a ser exemplo a imitar. Na Igrexa Apostólica Armenia os poemas místicos de Narek son un dos cumes literarios da lingua armenia. Na Igrexa Ortodoxa a espiritualidade pneumatolóxica recolle a tradición de Pais da Igrexa como Gregorio de Nisa e pervive a través do pensamento de Gregorio Palamas e a súas vivencias sobre as energeias divinas propias do hesicasmo.
Na Igrexa católica teñen particular importancia os escritos e predicacións de Bernardo de Claraval e Hildegarda de Bingen na Idade media, así como o misticismo do século de ouro español con Tareixa de Xesús e Xoán da Cruz.
No Islamismo unha corrente mística por antonomasia é o sufismo