Sacramento Kings: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Liña 27: Liña 27:


== Historia ==
== Historia ==
=== Rochester ===
A franquicia foi fundada en [[1945]] co nome de Rochester Royals, pasando posteriormente polas cidades de [[Cincinnati]] e [[Kansas City, Missouri|Kansas City]]/[[Omaha]], antes de trasladarse a [[Sacramento, California|Sacramento]] en [[1985]]. Os Kings xogan os seus partidos coma locais no [[Power Balance Pavilion]]. Os éxitos ao longo da súa historia foron os campionatos da NBL de [[1946]] e [[1947]], e o de [[1951]] da [[NBA]] (coma Royals). Ademais, teñen cinco títulos de división e un de conferencia.
A franquía que se convertiría nos Sacramento Kings comezou na cidade de [[Rochester, New York]], co nome de [[Rochester Royals]] da National Basketball League.

Nos primeiros anos de 1920, o equipo era un grupo semiprofesional patrocinado por unha destilería local, Seagram. O equipo era coñecido coma Rochester Seagrams ao redor de dúas décadas. Os patrocinados Seagrams mantivéronse a flote mentres outros equipos profesionais quedaron no camiño durante a [[Gran Depresión]]. Baixo a mirada do [[Basketball Hall of Fame|Hall of Famer]] Les Harrison, o equipo creceu en talento, participou cada vez en mellores competicións e se convertiu nun gran tesouro local co paso dos anos.

Ao remate da [[Segunda Guerra Mundial]], a National Basketball League foi tendo máis éxito tras os anos da guerra, e estaba buscando operacións para a súa melloría, e Rochester era un gran candidato. O equipo cambiou o seu nome a Rochester Pros, e trasladouse ao Edgerton Sports Arena en [[1942]], con 4500 asentos. Foi invitado para unirse á NBL na tempada 1945-46, e Les Harrison e o seu irmán Jack separaron os seus camiños con Seagram, os cales dubidaron de que o equipo puidera beneficiarse co salto á NBL. Fixeron un concurso para renomear o equipo no periódico máis famoso de Rochester. O gañador foi Richard Paeth, un rapaz de tan só 15 anos, que propuxera como nome os "Royals".

O éxito para os Royals foi case inmediato. Fundado en 1945 polo propietario/adestrador/manager xeral [[Les Harrison]] (incluído no Hall of Fame) e polo seu irmán e co-propietario/manager de negocios Jack Harrison, o equipo gañou o campionato da NBL na tempada 1945-46, no seu primeiro ano na liga. O equipo foi liderado por [[Bob Davies]], [[Al Cervi]], [[George Glamack]], e [[Otto Graham]], futuro membro do Hall of Fame, quen, na súa única tempada no baloncesto profesional, gañou o campionato da liga antes de cambiarse ao [[fútbol americano]] e liderar aos [[Cleveland Browns]]. Ademais, os Royals dobraron a inversión dos Harrison en tan só unha tempada. Xogando numerosos partidos amigables ademais do calendario da NBL, o equipo estaba na súa cume en 1946.

Na seguinte tempada, os mandatarios da NBL decidiron que a tempada regular decidiría ao campión oficial da NBL, e que a postempada consistiría nun torneo aparte, fora do campionato. Os Royals remataron cunha marca de 31-13 (70.5%), conseguindo o seu segundo campionato da NBL nos seus dous anos na competición, pero perderon as Finais do torneo de postempada contra os [[Chicago American Gears]] de [[George Mikan]].

Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os [[Minneapolis Lakers]], por 3-1 nas Finais da NBL.

Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para reemprazar a Cervi, ademais doutros movementos no plantel. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).

Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos [[Fort Wayne Pistons]], Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para convertirse na [[National Basketball Association]] (NBA).

O movemento á BAA fixo que Rochester deixara o seu calendario de amigables, e púxoo na mesma División Oeste na que estaba Minneapolis. Dos dous mellores equipos do baloncesto profesional, tan só un deles podía xogar as Finais da liga. Minneapolis, con Mikan, foi case sempre un pouco mellor nos playoffs que os Royals. Co seu pequeno pavillón e o seu agora limitado calendario, os Royals foron baixando o seu nivel, á vez que Harrison mantivo ao equipo nun nivel alto, que nunca baixou do segundo posto na súa división entre 1945 e 1954. Pasou moito tempo nos anos 1950 buscando un comprador para o equipo, a medida que as débedas aumentaban.

Os Royals gañaron o título da NBA na tempada 1950-51 gañando aos [[New York Knicks|New York Knickerbockers]] por 4-3. É o único campionato da NBA da historia da franquía ata hoxe. Pero a vitoria non fixo que a franquía aumentara os seus beneficios. O plantel cambiou por completo en 1955, con tan só Wanzer quedando no equipo, e o equipo pasou a xogar no Rochester Memorial, un pavillón máis grande. Agora cun equipo perdedor cheo de rookies, os Royals seguían sen ter beneficios. Ao mesmo tempo, a NBA metíalle presa a Harrison para vender ou recolocar o equipo nunha cidade máis grande. A tempada 1956-57 foi a última dos Royals en Rochester.

A estancia de 12 anos dos Royals en Rochester contou coa presencia de nove futuros membros do [[Basketball Hall of Fame]], un membro do Pro Football Hall of Fame e un membro do Paseo da Fama de Hollywood: [[Al Cervi]], [[Bob Davies]], [[Alex Hannum]], [[Les Harrison]], [[Red Holzman]], [[Arnie Risen]], [[Maurice Stokes]], [[Jack Twyman]], [[Bobby Wanzer]], [[Otto Graham]], e [[Chuck Connors]].


== Pavillóns ==
== Pavillóns ==

Revisión como estaba o 29 de maio de 2011 ás 18:07

Sacramento Kings
Información xeral
Conferencia Conferencia Oeste
División División Pacífico
Fundación 1945
Historia Rochester Royals
1945-1957
Cincinnati Royals
1957-1972
Kansas City-Omaha Kings
1972-1975
Kansas City Kings
1975-1985
Sacramento Kings
1985-presente
Cores Púrpura, negro, prata e branco
                   
Localización
Cidade Sacramento, California
California
Persoal
Adestrador Paul Westphal

Sacramento Kings é un equipo de baloncesto profesional da NBA con base en Sacramento, California.

Historia

Rochester

A franquía que se convertiría nos Sacramento Kings comezou na cidade de Rochester, New York, co nome de Rochester Royals da National Basketball League.

Nos primeiros anos de 1920, o equipo era un grupo semiprofesional patrocinado por unha destilería local, Seagram. O equipo era coñecido coma Rochester Seagrams ao redor de dúas décadas. Os patrocinados Seagrams mantivéronse a flote mentres outros equipos profesionais quedaron no camiño durante a Gran Depresión. Baixo a mirada do Hall of Famer Les Harrison, o equipo creceu en talento, participou cada vez en mellores competicións e se convertiu nun gran tesouro local co paso dos anos.

Ao remate da Segunda Guerra Mundial, a National Basketball League foi tendo máis éxito tras os anos da guerra, e estaba buscando operacións para a súa melloría, e Rochester era un gran candidato. O equipo cambiou o seu nome a Rochester Pros, e trasladouse ao Edgerton Sports Arena en 1942, con 4500 asentos. Foi invitado para unirse á NBL na tempada 1945-46, e Les Harrison e o seu irmán Jack separaron os seus camiños con Seagram, os cales dubidaron de que o equipo puidera beneficiarse co salto á NBL. Fixeron un concurso para renomear o equipo no periódico máis famoso de Rochester. O gañador foi Richard Paeth, un rapaz de tan só 15 anos, que propuxera como nome os "Royals".

O éxito para os Royals foi case inmediato. Fundado en 1945 polo propietario/adestrador/manager xeral Les Harrison (incluído no Hall of Fame) e polo seu irmán e co-propietario/manager de negocios Jack Harrison, o equipo gañou o campionato da NBL na tempada 1945-46, no seu primeiro ano na liga. O equipo foi liderado por Bob Davies, Al Cervi, George Glamack, e Otto Graham, futuro membro do Hall of Fame, quen, na súa única tempada no baloncesto profesional, gañou o campionato da liga antes de cambiarse ao fútbol americano e liderar aos Cleveland Browns. Ademais, os Royals dobraron a inversión dos Harrison en tan só unha tempada. Xogando numerosos partidos amigables ademais do calendario da NBL, o equipo estaba na súa cume en 1946.

Na seguinte tempada, os mandatarios da NBL decidiron que a tempada regular decidiría ao campión oficial da NBL, e que a postempada consistiría nun torneo aparte, fora do campionato. Os Royals remataron cunha marca de 31-13 (70.5%), conseguindo o seu segundo campionato da NBL nos seus dous anos na competición, pero perderon as Finais do torneo de postempada contra os Chicago American Gears de George Mikan.

Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os Minneapolis Lakers, por 3-1 nas Finais da NBL.

Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para reemprazar a Cervi, ademais doutros movementos no plantel. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).

Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos Fort Wayne Pistons, Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para convertirse na National Basketball Association (NBA).

O movemento á BAA fixo que Rochester deixara o seu calendario de amigables, e púxoo na mesma División Oeste na que estaba Minneapolis. Dos dous mellores equipos do baloncesto profesional, tan só un deles podía xogar as Finais da liga. Minneapolis, con Mikan, foi case sempre un pouco mellor nos playoffs que os Royals. Co seu pequeno pavillón e o seu agora limitado calendario, os Royals foron baixando o seu nivel, á vez que Harrison mantivo ao equipo nun nivel alto, que nunca baixou do segundo posto na súa división entre 1945 e 1954. Pasou moito tempo nos anos 1950 buscando un comprador para o equipo, a medida que as débedas aumentaban.

Os Royals gañaron o título da NBA na tempada 1950-51 gañando aos New York Knickerbockers por 4-3. É o único campionato da NBA da historia da franquía ata hoxe. Pero a vitoria non fixo que a franquía aumentara os seus beneficios. O plantel cambiou por completo en 1955, con tan só Wanzer quedando no equipo, e o equipo pasou a xogar no Rochester Memorial, un pavillón máis grande. Agora cun equipo perdedor cheo de rookies, os Royals seguían sen ter beneficios. Ao mesmo tempo, a NBA metíalle presa a Harrison para vender ou recolocar o equipo nunha cidade máis grande. A tempada 1956-57 foi a última dos Royals en Rochester.

A estancia de 12 anos dos Royals en Rochester contou coa presencia de nove futuros membros do Basketball Hall of Fame, un membro do Pro Football Hall of Fame e un membro do Paseo da Fama de Hollywood: Al Cervi, Bob Davies, Alex Hannum, Les Harrison, Red Holzman, Arnie Risen, Maurice Stokes, Jack Twyman, Bobby Wanzer, Otto Graham, e Chuck Connors.

Pavillóns

Traxectoria

Campións de Liga Campións de Conferencia Campións de División Clasificados para Playoffs
Tempada Liga Conferencia División Tempada regular Resultados Postempada Resultados
Posto Vitorias Derrotas %
Rochester Royals (NBL)
(Non incluídos nas porcentaxes totais)
1945–46 NBL 24 10 .706 Gañadas Semifinais da NBL
Gañadas Finais da NBL
Rochester 3, Fort Wayne 1
Rochester 3, Sheboygan 0
1946–47 NBL 31 13 .705 Gañado Campionato da NBL/Pennant
Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais do torneo
Perdidas Finais do torneo
Rochester 3, Syracuse 1
Rochester 2, Fort Wayne 1
Chicago 3, Rochester 2
1947–48 NBL 44 16 .733 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais da NBL
Perdidas Finais da NBL
Rochester 3, Fort Wayne 1
Rochester 2, Anderson 1
Minneapolis 3, Rochester 1
Rochester Royals (BAA)
((Incluídos nas porcentaxes totais))
1948–49 BAA Oeste 45 15 .750 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Rochester 2, St. Louis 0
Minneapolis 2, Rochester 0
Rochester Royals (NBA)
1949–50 NBA Central 51 17 .750 Perdido desempate da División
Perdidas Semifinais de División
Minneapolis 78, Rochester 76
Fort Wayne 2, Rochester 0
1950–51 NBA Oeste 41 27 .603 Gañadas Semifinais de División
Gañadas Finais de División
Gañadas Finais da NBA
Rochester 2, Fort Wayne 1
Rochester 3, Minneapolis 1
Rochester 4, New York 3
1951–52 NBA Oeste 41 25 .621 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Rochester 2, Fort Wayne 0
Minneapolis 3, Rochester 1
1952–53 NBA Oeste 44 26 .629 Perdidas Semifinais de División Fort Wayne 2, Rochester 1
1953–54 NBA Oeste 44 28 .611 Avanzou en desempate de 3 equipos
Perdidas Finais de División
2–1
Minneapolis 2, Rochester 1
1954–55 NBA Oeste 29 43 .403 Perdidas Semifinais de División Minneapolis 2, Rochester 1
1955–56 NBA Oeste 31 41 .431
1956–57 NBA Oeste 31 41 .431
Cincinnati Royals
1957–58 NBA Oeste 33 39 .458 Perdidas Semifinais de División Detroit 2, Cincinnati 0
1958–59 NBA Oeste 19 53 .264
1959–60 NBA Oeste 19 56 .253
1960–61 NBA Oeste 33 46 .418
1961–62 NBA Oeste 43 37 .538 Perdidas Semifinais de División Detroit 3, Cincinnati 1
1962–63 NBA Leste 42 38 .525 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Cincinnati 3, Syracuse 2
Boston 4, Cincinnati 3
1963–64 NBA Leste 55 25 .688 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Cincinnati 3, Philadelphia 2
Boston 4, Cincinnati 1
1964–65 NBA Leste 48 32 .600 Perdidas Semifinais de División Philadelphia 3, Cincinnati 1
1965–66 NBA Leste 45 35 .563 Perdidas Semifinais de División Boston 3, Cincinnati 2
1966–67 NBA Leste 39 42 .481 Perdidas Semifinais de División Philadelphia 3, Cincinnati 1
1967–68 NBA Leste 39 43 .476
1968–69 NBA Leste 41 41 .500
1969–70 NBA Leste 36 46 .439
1970–71 NBA Leste Central 33 49 .402
1971–72 NBA Leste Central 30 52 .366
Kansas City-Omaha Kings
1972–73 NBA Oeste Medio-Oeste 36 46 .439
1973–74 NBA Oeste Medio-Oeste 33 49 .402
1974–75 NBA Oeste Medio-Oeste 44 38 .537 Perdidas Semifinais de Conferencia Chicago 4, KC-Omaha 2
Kansas City Kings
1975–76 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
1976–77 NBA Oeste Medio-Oeste 40 42 .488
1977–78 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
1978–79 NBA Oeste Medio-Oeste 48 34 .585 Perdidas Semifinais de Conferencia Phoenix 4, Kansas City 1
1979–80 NBA Oeste Medio-Oeste 47 35 .573 Perdida primeira rolda Phoenix 2, Kansas City 1
1980–81 NBA Oeste Medio-Oeste 40 42 .488 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais de Conferencia
Perdidas Finais de Conferencia
Kansas City 2, Portland 1
Kansas City 4, Phoenix 3
Houston 4, Kansas City 1
1981–82 NBA Oeste Medio-Oeste 30 52 .366
1982–83 NBA Oeste Medio-Oeste 45 37 .549
1983–84 NBA Oeste Medio-Oeste 38 44 .463 Lost First Round Los Angeles 3, Kansas City 0
1984–85 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
Sacramento Kings
1985–86 NBA Oeste Medio-Oeste 37 45 .451 Perdida primeira rolda Houston 3, Sacramento 0
1986–87 NBA Oeste Medio-Oeste 29 53 .354
1987–88 NBA Oeste Medio-Oeste 24 58 .293
1988–89 NBA Oeste Pacífico 27 55 .329
1989–90 NBA Oeste Pacífico 23 59 .280
1990–91 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
1991–92 NBA Oeste Pacífico 29 53 .354
1992–93 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
1993–94 NBA Oeste Pacífico 28 54 .341
1994–95 NBA Oeste Pacífico 39 43 .476
1995–96 NBA Oeste Pacífico 39 43 .476 Perdida primeira rolda Seattle 3, Sacramento 1
1996–97 NBA Oeste Pacífico 34 48 .415
1997–98 NBA Oeste Pacífico 27 55 .329
1998–99 NBA Oeste Pacífico 27 23 .540 Perdida primeira rolda Utah 3, Sacramento 2
1999–00 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 Perdida primeira rolda L.A. Lakers 3, Sacramento 2
2000–01 NBA Oeste Pacífico 55 27 .672 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 3, Phoenix 1
L.A. Lakers 4, Sacramento 0
2001–02 NBA Oeste Pacífico 61 21 .744 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais de Conferencia
Perdidas Finais de Conferencia
Sacramento 3, Utah 1
Sacramento 4, Dallas 1
L.A. Lakers 4, Sacramento 3
2002–03 NBA Oeste Pacífico 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 4, Utah 1
Dallas 4, Sacramento 3
2003–04 NBA Oeste Pacífico 55 27 .672 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 4, Dallas 1
Minnesota 4, Sacramento 3
2004–05 NBA Oeste Pacífico 50 32 .610 Perdida primeira rolda Seattle 4, Sacramento 1
2005–06 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 Perdida primeira rolda San Antonio 4, Sacramento 2
2006–07 NBA Oeste Pacífico 33 49 .402
2007–08 NBA Oeste Pacífico 38 44 .463
2008–09 NBA Oeste Pacífico 17 65 .207
2009–10 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
2010–11 NBA Oeste Pacífico 24 58 .293
Record tempada regular 2288 2550 .473 1948-2010
Record Playoffs 76 109 .411 1948-2009

Xogadores

Plantel actual

Sacramento Kings 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 40 Barnes, Harrison 2.03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) North Carolina
B/E 3 Duarte, Chris 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Oregon
A/AP 17 Edwards, Kessler 2.01 m (6 ft 7 in) 92 kg (203 lb) Pepperdine
B/E 23 Ellis, Keon 1.93 m (6 ft 4 in) 76 kg (167 lb) Alabama
B/E 31 Ford, Jordan 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (175 lb) St. Mary's
B/E 5 Fox, De'Aaron 1.91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Kentucky
E/A 9 Huerter, Kevin 2.01 m (6 ft 7 in) 90 kg (198 lb) Maryland
B/E 20 Jones, Colby 1.98 m (6 ft 6 in) 94 kg (207 lb) Xavier
P 25 Ucraína Len, Alex 2.13 m (7 ft 0 in) 113 kg (250 lb) Maryland
A/AP 41 Lyles, Trey 2.06 m (6 ft 9 in) 106 kg (234 lb) Kentucky
P 00 McGee, JaVale 2.13 m (7 ft 0 in) 122 kg (270 lb) Nevada
B/E 15 Mitchell, Davion 1.83 m (6 ft 0 in) 92 kg (202 lb) Baylor
B/E 0 Monk, Malik 1.91 m (6 ft 3 in) 91 kg (200 lb) Kentucky
A/AP 13 Murray, Keegan 2.03 m (6 ft 8 in) 98 kg (215 lb) Iowa
AP/P 10 Lituania Sabonis, Domantas 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Gonzaga
A/AP 18 Slawson, Jalen 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (215 lb) Furman
A/AP 7 Bulgaria Vezenkov, Sasha 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Bulgaria
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 28-01-2024


Membros do Basketball Hall of Fame

Dorsais retirados

  • #1 Nate Archibald, Base, 1970-76 (1970-72 Cincinnati, 1972-76 Kansas City)
  • #2 Mitch Richmond, Escolta, 1991-98 (Sacramento)
  • #4 Chris Webber, Ala-Pivote, 1998-05 (Sacramento)
  • #6 (Sixth Man) - Fans de Sacramento, 1985-presente
  • #11 Bob Davies, Base, 1948-55 (Rochester)
  • #12 Maurice Stokes, Aleiro, 1955-58 (Cincinnati)
  • #14 Oscar Robertson, Base, 1960-70 (Cincinnati)
  • #27 Jack Twyman, Aleiro, 1955-66 (1955-57 en Rochester, 1957-66 en Cincinnati)
  • #44 Sam Lacey, Pivote, 1970-81 (1970-72 en Cincinnati, 1972-81 en Kansas City)
  • #21 Vlade Divac, Pivote, 1998-04 (Sacramento)