Morcegos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Engadido: rn:Agahungarema
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eml:Pipistrel
Liña 201: Liña 201:
[[da:Flagermus]]
[[da:Flagermus]]
[[de:Fledertiere]]
[[de:Fledertiere]]
[[eml:Pipistrel]]
[[en:Bat]]
[[en:Bat]]
[[eo:Kiropteroj]]
[[eo:Kiropteroj]]

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2010 ás 01:21

Morcego
Estado de conservación
Variable
Morcego da California
Macrotus californicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familias

Megachiroptera
Pteropodidae

Microchiroptera
Emballonuridae
Rhinopomatidae
Craseonycteridae
Rhinolophidae
Nycteridae
Megadermatidae
Vespertilionidae
Molosidae
Antrozoidae
Natalidae
Myzopodidae
Thyropteridae
Furipteridae
Noctilionidae
Mystacinidae
Mormoopidae
Phyllostomidae

O morcego é un mamífero voador da orde Chiroptera, nos que os membros anteriores se modificaron en alas.

Outros mamíferos, como os esquíos voadores, poden planear durante curtas distancias, mais só os morcegos son capaces de voos verdadeiros. O nome Chiroptera pode ser traducido como "man á", porque a á aberta ten a mesma estrutura ósea cá man humana, cos dedos unidos por unha membrana.

Existen preto de 1.000 especies de morcegos. A maioría deles son insectívoros, mais un número significativo en dúas subordes, Megachiroptera e Microchiroptera (ver abaixo), desenvolveron a habilidade de se alimentar de froitas e os seus zumes. Algunhas das especies menores son polinizadores importantes dalgunhas flores tropicais. Hoxe sábese que moitas plantas tropicais dependen totalmente deles, non só como polinizadores senon tamén para espallar as sementes cando comen os seus froitos.

Alén diso, algúns morcegos son predadores de vertebrados. Estes inclúen membros da familia Phyllostomidae, das Américas Central e do Sur, e a familia Noctilionidae, que se alimenta de peixes.

En Galicia rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos.[1]

Clasificación

Hai dúas subordes de morcegos:

  1. Megachiroptera, morcegos fruxívoros
  2. Microchiroptera, morcegos insectívoros

Os Megachiroptera comen froitas, mentres que os Microchiroptera comen principalmente insectos, e con frecuencia dependen da ecolocación para navegación e para atopar presas. Un grupo de especies, os vampiros, aliméntase de sangue.

Críase que as dúas subordes se desenvolveron de forma independente, e que as súas características semellantes eran o resultado de evolución converxente, mais as análises xenéticas mostraron que os dous grupos teñen un ancestro voador común.

Sábese pouco sobre a evolución dos morcegos, xa que os seus esqueletos pequenos e delicados non fosilizan ben. Os morcegos fósiles máis antigos atopados son o Icaronyctens, Archaeonyctnes, Palaeochropteryx e Hasianycteris do Eoceno inferior (preto de 50 millóns de anos atrás), mais son xa moi semellantes aos Microchiroptera modernos.

Os morcegos agrúpanse usualmente, xunto cos Scandentia, Dermoptera e primates, na superorde Archonta.

Anatomia

O óso do metacarpo e o segundo e quinto dedos dos membros anteriores son alongados, e entre eles existe unha membrana, chamada quiropataxio. A membrana esténdese dos dedos ata o lado do corpo e deste ata a base dos membros posteriores. A ala enteira dun morcego é chamada pataxio. Moitas especies teñen tamén unha membrana entre os membros posteriores incluíndo a cola. Esta membrana é o uropataxio.

O pataxio está cheo de delicados vasos sanguineos, fibras musculares e nervios. No tempo frío, os morcegos enrólanse nas súas propias alas como nunha casaca. Cando vai calor expándennas para refrescar os seus corpos.

O polgar e mais ás veces o segundo dedo dos membros anteriores teñen garras, como os cinco dedos dos membros posteriores. As garras traseiras permiten aos morcegos agarrárense ás pólas ou saíntes. Os morcegos tamén poden moverse no chan, mais son bastante desaxeitados.

Todos os morcegos son activos á noite ou ao luscofusco, polo tanto os ollos da maioría das especies están pouco desenvolvidos. O seus sentidos de olfacto e audición, non obstante, son excelentes. Ao emitir sons de alta frecuencia e escoitar os seus ecos, os Microchiroptera localizan presas e outros obxectos próximos. Este é o proceso de ecolocación, unha habilidade que comparten cos golfiños e mais as baleas.

Os dentes parécense aos dos insectívoros. Son moi agudos, para roer a través da casca das froitas ou da armadura de quitina dos insectos.

Reprodución

Un morcego acabado de nacer agárrase á pel da nai e é transportado, aínda que logo se torne grande de máis para isto. Sería difícil para un adulto carregar máis dunha cría, polo tanto normalmente nace só unha. Os morcegos frecuentemente forman colonias con moitas femias dando a luz na mesma área, sexa unha caverna, un oco de árbore ou unha cavidade nunha construción. A xestación dura de 2 a 7 meses, variando conforme a especie. Nalgunhas especies dúas glándulas mamarias están situadas entre o peito e os ombros (axilares), mais tamén poden ser pectorais ou abdominais.

A habilidade de voar é conxénita, mais despois do nacemento as alas son pequenas para voar. Os xoves morcegos da orde Microchiroptera tórnanse independentes á idade de 6 a 8 semanas, os da orde Megachiroptera non antes dos catro meses. Á idade de dous anos os morcegos están sexualmente maduros.

A expectativa de vida do morcego vai de 10 a 30 anos, segundo a especie.

Inimigos

Os morcegos pequenos son ás veces presas de curuxas e falcóns. De maneira xeral, hai poucos animais capaces de cazar un morcego. En Asia existe unha ave, un tipo de falcón, que se especializou en cazar morcegos. O gato doméstico é un predador regular en áreas urbanas, colle morcegos que están entrando ou deixando un abrigo, ou no chan. Raramente os morcegos descenden ao chan para se alimentar, pode acontecer debido a accidentes mentres están aprendendo a voar, en tempo frío ou como estratexia de aproximación.

Os peores inimigos son os parasitos. As membranas, cos seus vasos sanguíneos, son fontes ideais de alimento para pulgas, carrachas e ácaros. Algúns grupos de insectos zugan só sangue de morcego, por exemplo a mosca do morcego. Nas súas cavernas os morcegos fican pendurados moi próximos, polo tanto é fácil para os parasitos infestar novos hospedadores.

Vector da rabia

Nos lugares onde a rabia non é endémica, como na maior parte da Europa occidental, os pequenos morcegos poden ser considerados inofensivos. Os morcegos grandes poden dar unha roída desagradable. Deben tratarse co mesmo respecto que a calquera animal silvestre.

Morcegos en Galicia

[Cómpre referencia] Na lista seguinte atópase primeiro o nome galego, logo o nome científico e unha referencia da distribución en Galicia e o hábitat máis común:

Aspectos culturais

O morcego é sagrado en Tonga, África Occidental e Bosnia, e frecuentemente é considerado a manifestación física dunha alma separada. Os morcegos están intimamente relacionados cos vampiros, que se di serán capaces de se metamorfosear en morcegos ou lobos. Son tamén un simbolo de pantasmas, morte e doenza. Entre algúns nativos americanos, como os Creeks, Cherokees e Apaches, o morcego é un espírito embusteiro. A tradición chinesa afirma que o morcego é un símbolo de lonxevidade e felicidade, como en Polonia, na rexión da Macedonia e entre os árabes e Kwakiutls.

Na cultura occidentel o morcego é frecuentemente símbolo da noite e a súa natureza prohibida. É un dos animais básicos asociados cos caracteres ficcionais da noite, tanto viláns como Drácula, canto heroes como Batman.

No Reino Unido todos os morcegos están protexidos polos Decretos da Vida Silvestre e Zona Rural (Wildlife and Countryside Acts), e incluso perturbar un morcego ou o seu niño pode ser multado.

Os morcegos na cultura popular galega

Hai quen cre que se se lle dá a alguén a beber sangue de morcego, non dormirá nunca máis. Outros etnógrafos din que é un afamado bebedizo para namorar, útil para calquera dos dous sexos. Finalmente, hai quen asegura que o sangue de morcego é mortal: se se bota no viño e se lle dá a beber a alguén, este morre ou tolea.

Referencias

Ligazóns externas