Morcego de orellas fendidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Morcego de orellas dentadas")
Morcego de orellas fendidas
Myotis-emarginatus.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: Myotis
Especie: M. emarginatus
Nome binomial
Myotis emarginatus
(E. Geoffroy, 1806)
Nome trinomial
Myotis emarginatus emarginatus
(E. Geoffroy, 1806)
Distribución en Galiza

Distribución en Galiza
Distribución no mundo

Distribución no mundo
Subespecies
  • M. emarginatus subsp emarginatus, E. Geoffroy, (1806)
  • M. emarginatus subsp desertorum, Dobson, (1875)
  • M. emarginatus subsp turcomanicus, Brobrinskii, (1925)
Sinonimia
  • budapestiensis, Margo, 1880
  • ciliatus, Blasius, 1853
  • kuzyakini, Pavilnov, 1979
  • neglectus, Fatio, 1890
  • rufescens, Crespon, 1844
  • saturatus, Kuzyakin, 1934
  • schrankii, Kolenati, 1856

O morcego de orellas fendidas (Myotis emarginatus) é un quiróptero do xénero, Myotis da familia Vespertilionidae.

É un morcego de tamaño mediano-pequeno, con orellas de lonxitude media e cunha incisura, nas orellas, máis marcada cá noutras especies, ten o trago curto e puntiagudo. Pelame de aspecto lanoso, de cor loura avermellada no lombo e amarelada no ventre. O pataxio insírese na base do dedo máis externo do pé. Os espécimes novos son máis escuros, sen tons avermellados. As femias son de maior tamaño e peso, As medidas varian entre os 37,8-39,7 mm dos machos aos 39,9-42,6 mm das femias e o peso entre os 7,4-10 g dos machos e os 8,5-11,5 g das femias. Utiliza pulsos de FM, de características variables, polo que resulta moi difícil diferencialo doutras especies de Myotis pequenos. A súa fórmula dentaria é .

Distribución[editar | editar a fonte]

Espállase ao longo do centro e sur de Europa, suroeste e centro de Asia e norte de África. O límite norte en Europa atópase nos Países Baixos, sur de Alemaña, República Checa e Eslovaquia. Está presente en toda a Península Ibérica e en Menorca aínda que é pouco frecuente.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É un morcego de costumes cavernícolas. As colonias de cría están compostas só de femias e adoitan oscilar entre varias decenas e dous centenares. Forma colonias mixtas con Rhinolophus euryale, Rhinolophus mehelyi ou Rhinolophus ferrumequinum ao sur da Península, mentres en Aragón atópaselle co Myotis nattereri. Ao contrario ca na Europa central onde forman colonias para a hibernación, en España desaparecen durante o inverno e excepto algún exemplar illado non volven ser vistos nos refuxios até a primavera.

Vive en todo tipo de ecosistemas, aínda que evita os bosques moi pechados. Vése favorecido por unha orografía accidentada. Presente dende o nivel do mar até por riba dos 1.000 m, chegando até os 1.780 m na Serra de Baza (Selecta).

Ameazas[editar | editar a fonte]

O tratamento da madeira dos faiados nas poboacións do norte de España, polas molestias e a toxicidade dos organoclorados habitualmente empregados. Ademais sofren as ameazas xerais para os morcegos cavernícolas: crecente turismo de aventura, actos vandálicos, peches inapropiados etc.

Medidas de conservación[editar | editar a fonte]

  • O uso de permetrinas en lugar de organoclorados para o tratamento da madeira deu bos resultados.
  • Na Rioxa subvenciónase con 30€/individuo (até 1.500€) aos particulares que teñan colonias desta especie nas súas propiedades.[1]
  • En Navarra o valor de cada morcego é de 120€[2]
  • En Andalucía e Castela-A Mancha, pecháronse refuxios ou creáronse microrreservas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orde 56/1998, BOR 78 de 30-06-1998.
  2. Orde Foral 107/1993 (BON 69 de 04-06-1993).
  3. Cueva de la Canaleja e Cueva de los Murciélagos (Guadalajara)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]