Morcego do monte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Morcego de monte")
Morcego do monte
Hipsugo savii
Hipsugo savii
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Vespertilioninae
Xénero: Hypsugo
Especie: H. savii
Nome binomial
Hypsugo savii
(Bonaparte, 1837)
Distribución de Hypsugo savii.

Distribución de Hypsugo savii.
Subespecies
  • H. savii subsp savii, Bonaparte, (1837)
  • H. savii subsp austenianus, Dobson, (1871)
  • H. savii subsp caucasicus, Saturnin, (1901)
  • H. savii subsp ochromixtus, Cabrera,(1904)
Sinonimia
  • Pipistrellus savii, Bonaparte, 1837.

O morcego do monte, (Hypsugo savii tamén noemado coma Pipistrellus savii), é de pequeno tamaño, con membranas, orellas e cara de cor negra. As orellas son curtas, separadas na súa base e máis anchas e redondeadas cós Pipistrellus. O seu pelame é denso e bastante longo.

Distínguese das especies máis semellantes, todas do xénero Pipistrellus, por ter os incisivos superiores con dúas puntas e o primeiro premolar moi pequeno ou ausente.

  • Lonxitude da cabeza e corpo - entre 40 e 54 mm.
  • Lonxitude da cola - de 31 a 43 mm.
  • Peso - de 5 a 10 gramos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Habita na conca mediterránea e no Próximo Oriente, dende os arquipélagos de Canarias e Cabo Verde no oeste até o Xapón, Corea e China polo leste. Hai rexistros puntuais na República Checa e divagantes no Reino Unido e norte de Alemaña. En España atopouse en todas as comunidades autónomas, sendo menos frecuente nos vales do Douro, Guadalquivir, Guadiana e Ebro, sendo máis abondoso na franxa mediterránea e as cordilleiras do interior.

En canto a trazo altitudinal nas Illas Canarias, atopáronse dende o nivel do mar, en Gran Canaria, até os 2.150 metros en Tenerife. Na Península Ibérica hai rexistros dende os 60 m no val do Miño até os 3.300 m en Serra Nevada.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Aínda que o H. savii é considerado unha especie esencialmente montañeira, de onde toma o seu nome vulgar, ten unha zona de distribución moi variada, que vai dende grandes vales sen penedos, até cantís costeiros ou de montaña, aos medios rurais con pequenos núcleos, pasando por parques urbanos e xardíns.

O carácter fisurícola da especie fai difícil detectar a súa presenza, aínda que en edificios mostra indicios de presenza semellantes aos que deixa Pipistrellus pipistrellus, sendo os seus excrementos máis grandes.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Polos seus hábitos fisurícolas, as perdidas de refuxios son poucos importantes, xa que axiña logran outros, aínda que pode ser un problema nunha época crítica (cría ou hibernación).

Tamén poden ser sensibles á intoxicación por biocidas, tanto por tratamentos forestais como agrícolas. Hase de destacar que é a especie máis afectada pola instalación de aeroxeradores. En Navarra, máis da metade dos morcegos que morren nos parques eólicos son desta especie.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]