Pitágoras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Pythagoras
Liña 113: Liña 113:
[[war:Pythagoras]]
[[war:Pythagoras]]
[[yi:פיטאגאראס]]
[[yi:פיטאגאראס]]
[[yo:Pythagoras]]
[[zh:毕达哥拉斯]]
[[zh:毕达哥拉斯]]
[[zh-yue:畢達哥拉斯]]
[[zh-yue:畢達哥拉斯]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 21:43

Moeda ca figura de Pitágoras

Pitágoras de Samos, en grego Πυθαγόρας οu Σάμιος, nado no ano 582 a.C e finado no 496 a.C, foi un filósofo e matemático grego, famoso polo seu teorema, o Teorema de Pitágoras.

Biografía

Pitágoras, "O pai dos números", naceu na illa de Samos. Sendo aínda moi novo cando viaxou a Mesopotamia e Exipto, onde recibiu os estudos básicos e fundou a súa primeira escola. Algúns problemas políticos obrigárono a mudarse a Crotona, no sur de Italia, onde fundou a súa segunda escola. As doutrinas deste centro cultural eran rexidas por regras sumamente estritas sobre a forma de comportarse. A súa escola estaba aberta a homes e mulleres indistintamente, e a conduta discriminatoria estaba prohibida. Os seus estudantes pertencían a todos os tipos de razas, relixións, e estados, tanto social coma económico.

A súa escola de pensamento afirmaba que a estrutura do universo era aritmética e xeométrica, a partir do cal as matemáticas se converteron nunha disciplina fundamental para toda a investigación científica.

Pouco se sabe da nenez de Pitágoras. Todas as pistas do seu aspecto físico probablemente sexan ficticias excepto a descrición dunha marca de nacemento chamativa que Pitágoras tiña no perna. E probable que tivera dous irmáns aínda que algunhas fontes din que Pitágoras tiña tres. Era certamente instruído, aprendendo a tocar a lira, poesía e a recitar a Homero. Había tres filósofos, entre os seus profesores, que deberon de influenciar a Pitágoras na sua xuventude. Un deles, o máis importante era Perékydes que moitos describen como o profesor de Pitágoras.

Relevancia

Pitágoras pode ser considerado a persoa máis influínte da historia universal, pasa por ser o introdutor de pesos e medidas, descubridor da teoría musical, inventor da xeometría e a aritmética teórica; o primeiro en soster a forma esférica da terra, en falar de "teoría filosófica" e de "filósofos", en postular o baleiro, en intentar canalizar o fervor relixioso en fervor intelectual, en usar o raciocionio e a definición e en considerar que o universo era unha obra só descifrable por medios matemáticos.

Pitágoras

A lóxica do número

Primeiro existe a unidade, que cada cousa depende de que sexa unha, e ese é o principio do Un ou do Único. Que cada algo sexa dunha certa maneira o todo de si mesmo ou un punto. Pero o reiterado xa é o outro, non igual, senón diferenza que é o segundo ou o dous. O terceiro deriva a relación e superficie. O catro é o transito da superficie a solidez da pluralidade, a suma de 1, 2, 3 e 4 é a década, que representa a harmonía, o cal é contido na súa lóxica progresión que leva a ela, e dende a cal se reinicia todo o movemento.

A ambigüidade Pitagórica

Constituída como seita relixiosa encargada de velar polos misterios revelados a Pitágoras, e dividida en membros parcialmente iniciados (os "acusmáticos") e totalmente iniciados (os "matemáticos"), o corpo de rigorosos coñecementos científicos desta escola mestúrase con ideas místicas e supersticiosas populares e antigas, vinculadas á máxica numérica. Este tratamento litúrxico xustifica a famosa aberración ós números reais irracionais, como π ou a raíz cadrada de dous.

Algúns escritores cren que Pitágoras foi unha escola do pensamento, e non unha persoa. Debido a que Pitágoras significa "os que falan co ventre".