Hixino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hixino
Nome completoCaius Iulius Iginus
Nacementoc. 64 a. C.
Lugar de nacementoHispania
Falecemento17
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, mitógrafo, poeta, astrónomo e grammarian
editar datos en Wikidata ]

Caio Xulio Hixino, nado o -64 e finado no ano 17, foi un escritor latino, nativo, segundo Suetonio, de Hispania ou de Alexandría. Foi liberto de Augusto e estivo á fronte da Biblioteca Palatina de Roma, en cuxas aulas exerceu o ensino da filosofía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grazas ao seu talento acadou certo recoñecemento e puido relacionarse con gran número de personaxes notables, malia a súa humilde condición de liberto. En canto á Antigüidade romana, chegou a ser escoitado como un oráculo, tal era a profundidade e extensión do coñecemento que desta época tiña. Este respecto e admiración pola súa saber durou con intermitencias até os séculos XVI e XVII en que os estudosos entraron en sisudas e longas controversias ao redor de obras que naquel entón se consideraban de Hixino.

Ocupouse de todas as materias que abranguen o saber da súa época: historia, ciencia, filosofía e literatura, relixión, astronomía e astroloxía. Como obras históricas cómpre salientar un libro sobre a vida de homes ilustres, outro sobre cidades de Italia e un terceiro sobre as familias troianas. Como obra científica sobresae unha de agricultura na que estuda entre outras cousas, as abellas, os cuadrúpedes, as aves e os insectos volátiles.

Polo seu traballo relativo á listaxe das estrelas das constelacións en Astronomía poética, en 1935 decidiuse na súa honra chamarlle «Hyginus» a un astroblema lunar.

Fábulas e Astronomía poética[editar | editar a fonte]

Adóitase atribuír a Caio Xulio Hixino un libro chamado Fábulas que contén 277 relatos curtos de mitoloxía e outro libro de catasterismos titulado Astronómica poética. Un testemuño arqueolóxico que apoia esta identificación é unha copa de prata da época de Augusto que contén a representación das fábulas 120 e 121. Algúns críticos, porén, atribúen estas dúas obras a un autor diferente que denominaron simplemente Hixino (Hyginus) que probablemente pertencería á época dos Antoninos (século II).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grant, Mary (transl.), The Myths of Hyginus (Lawrence: University of Kansas Press, 1960).
  • Marshall, P.K. (ed.), Hyginus: Fabulae (Múnic: Saur, 1993 [corr. ed. 2002]).
  • Rose, Herbert Jennings (ed.), Hygini Fabulae (Leiden: A.W. Sijthoff, 1934 [2nd ed. 1963]). The standard text, (en latín).
  • Smith, R. Scott & Trzaskoma, Stephen M. (transl.), Apollodorus' Library and Hyginus' Fabulae: Two Handbooks of Greek Mythology (Indianápolis/Cambridge: Hackett Publishing, 2007), ISBN 978-0-87220-821-6.
  • This article incorporates text from Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Hyginus, Gaius Julius". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).