Escudo de Casaquistán
O escudo nacional de Casaquistán ten forma de círculo, símbolo da vida e da eternidade. O elemento central é o shanyrak, a parte superior circular da cúpula da yurta. O shanyrak simboliza o benestar da familia, a paz e a tranquilidade.
A seguinte parte integrante da estrutura do escudo son os cabalos fantásticos con ás de ouro e cornos en forma de media lúa, os tulpar. As ás de ouro dos cabalos fantásticos semellan trigo, que simboliza o traballo, a abundancia e a prosperidade.
O escudo ten dúas cores: azul e dourado. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude ós diversos pobos turcos que conforman a poboación actual do país, que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur. Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ó deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo. A gama dourada interprétase como o futuro luminoso dos pobos casacos.
A porción máis baixa do escudo leva a inscrición Қазақстан. A imaxe reproducida do escudo nacional de Casaquistán, sen importar o seu tamaño, debe conformarse exactamente co deseño de cor (respectivamente branco e negro) do estándar da referencia do escudo nacional de Casaquistán gardada na residencia do presidente.
O escudo de armas da República Socialista Soviética de Casaquistán foi adoptado o 26 de marzo de 1937 polo Goberno da República Socialista. O escudo de armas baséase no escudo de armas da Unión Soviética. Un novo escudo de armas foi adoptado mediante a disolución da Unión Soviética o 26 de decembro de 1991.