República Socialista Soviética de Kazakhstán
| Қазақ Советтік Социалистік Республикасы (kk) | |||||
| Himno | Himno da República Socialista Soviética de Kazakhstán | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lema | «Proletarios de todos os países» | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado histórico | Unión Soviética | ||||
| Capital | Almati | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 16.711.000 | ||||
| Lingua oficial | lingua kazaka lingua rusa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.717.300 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 5 de decembro de 1936 | ||||
| Disolución | 9 de outubro de 1991 | ||||
| Sucedido por | Kazakhstán | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | república soviética | ||||
| Órgano lexislativo | Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Kazakhstán , | ||||
| Moeda | Rublo soviético | ||||
A República Socialista Soviética de Kazakhstán (en kazako: Қазақ Советтік Социалистік Республикасы), foi a segunda república en extensión das que formaron a Unión Soviética, na Asia central, e é hoxe en día o estado independente de Kazakhstán. Tiña unha superficie de 2.717.300 quilómetros cadrados (1,063,200 millas cadradas) e a súa capital era Alma-Ata.
Contexto
[editar | editar a fonte]Establecida o 26 de agosto de 1920, inicialmente foi unha república autónoma dentro da RSSF de Rusia. O 5 de decembro de 1936 volveuse unha república independente da URSS, chamada RSS de Kazakhstán. Durante os 50 e os 60 os cidadáns soviéticos foron urxidos a axudar a poboar as "Terras virxes" da RSS de Kazakhstán. O influxo dos inmigrantes (maioritariamente rusos, pero incluíndo algunhas minorías nacionais deportadas) favoreceron a mestura racial e permitiron que o número de kazakos fose inferior ó de non kazakos. Os outros grupos étnicos incluían ucraínos, alemáns, belarusos, coreanos, e outros; os alemáns no momento da independencia formaban sobre o 8% da poboación, a máis alta concentración de alemáns en toda a Unión Soviética. A independencia fixo que moitos destes novos habitantes emigrasen.
O 10 de decembro de 1991 a RSS de Kazakhstán foi renomeada "República de Kazakhstán" e seis días despois acadou a súa independencia.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación nativa eran os kazakos (4.234.000 en 1970). En 1970, a república tiña un número apreciable de rusos (5.522.000) e ucraínos (933.000). Nas terras desérticas do norte de Kazakhstán, había tártaros (288.000), uzbekos (216.000), e belarusos (198.000).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |

