Ernesto Is

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ernesto Suárez Is»)
Ernesto Is
Nacemento19 de maio de 1988
Lugar de nacementoXixón
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Superior de Arte Dramática de Galicia
Ocupacióndramaturgo
Na rede
AELG: 568
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Suárez Is, nado en Xixón (Asturias) o 19 de maio de 1988, é un dramaturgo, narrador oral e escritor en lingua galega e castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dramaturxia, anteriormente fórmase no eido da produción e da realización audiovisual.

No 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das Ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares. Volve gañar o Premio Abrente na edición do ano 2021 con Profetas.

Foi seleccionado para participar no VI Programa de desenvolvemento das dramaturxias actuais 2017 do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018 forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral do Centro Dramático Galego, coordinado por Manuel Lourenzo, coa escrita da obra Onde veñen morrer as baleas. Os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto dramatúrxico Canciones amarillas para flores tristes para participar no programa Nuevas Dramaturgias 2020[1].

En 2021 o seu proxecto Relato para un incendio resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Agadic, a través do Centro Dramático Galego[2]; obra estreada por AAntena Teatro en 2022.

Fundador e dramaturgo de Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —ayudas a la Creación Joven del INJUVE—), escribe ocasionalmente para outras compañías como Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O Péndulo, coautoría xunto a Marta Pérez).

Na actualidade, compaxina o seu traballo como dramaturgo coa docencia de escrita dramática e guión na ESAD de Galicia e a colaboración en diferentes medios como a erregueté | Revista Galega de Teatro, a revista de lecer cultural A Movida e o programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia.

Estreas[editar | editar a fonte]

  • O ceo baixo Berlín. Teatro Aforo (Vigo). Dirección de María Francelina. 2015.
  • Exilio das Moscas. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2016.
  • Tras Tannhäuser. Sala Ártika (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2017.
  • Epiderme. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de Ernesto Is. Belabesta Teatro. 2018.
  • Magnitudes. Lectura dramatizada. II Torneo de Dramaturxia de Galicia - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo. 2018.
  • Fíos. Lectura dramatizada. Festival PLATTA - Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal). 2018.
  • Despois das Ondas. Teatro Colón (A Coruña). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. 2019.
  • Hotel Europa. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Javier Lojo. Compañía Señora Supina. 2022.
  • O Péndulo. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Carlos Álvarez-Ossorio. Inversa Teatro. 2022.
  • Relato para un incendio. MIT de Ribadavia. Dirección de Xosé Leis. AANtena Teatro. 2022.

Obra[editar | editar a fonte]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Obra dramática[editar | editar a fonte]

Obra dramática breve[editar | editar a fonte]

  • O ceo baixo Berlín, nº 85 da Erregueté (Revista Galega de Teatro), Cangas (2016).[7]
  • Fíos, nº 93 da Erregueté (Revista Galega de Teatro). Cangas, 2017.
  • Magnitudes en II Torneo de Dramaturxia de Galicia. Edicións Positivas, Compostela (2020). ISBN 978-84-121415-6-6
  • Aba e Don en DramaturGA 20 (11 textos breves). Ediciones Invasoras, Vigo (2020). Limiar Francisco Oti Ríos. ISBN 978-841699-38-33

Erregueté (Revista Galega de Teatro)[editar | editar a fonte]

  • "Momentos que deixan pegada", Erregueté nº 83 (2015).
  • Entrevista a Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro), Erregueté nº 88 (2016).
  • "A Berberecheira: honestidade e autoficción", Erregueté nº 98 (2019).
  • Críticas, recensións e entrevistas online.
  • Coordinador da sección "No confín de..." para a web da Erregueté.

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[8]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obra dramática[editar | editar a fonte]

Obra dramática breve[editar | editar a fonte]

Obra en asturiano[editar | editar a fonte]

Obra dramática breve

  • La regla d’un trasgu , publicada no libro Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2014: I Premio 'A Pegada' de teatro radiofónico. Do material do que están feitos os soños.
  • 2014: Accésit 'A Pipa' de dramaturxia breve. O ceo baixo Berlín.
  • 2015: 2º Premio 'A Pipa' de dramaturxia breve. Fíos.
  • 2016: XI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Fendas.
  • 2017: Accésit 'A Pegada' de teatro radiofónico. Bestiario.
  • 2017: XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña. Despois das Ondas.
  • 2021: Gañador do XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia. Profetas.[12]

Seleccións[editar | editar a fonte]

  • 2016: Axudas á Creación Joven do Instituto de la Juventud. Tras Tannhäuser.
  • 2017: Bolsa de creación Dramaturgias Actuales do Ministerio de Cultura. El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas.
  • 2018: Autor seleccionado no programa DramaturXA do Centro Dramático Galego. Onde veñen morrer as baleas.
  • 2020: Bolsa de creación Nuevas Dramaturgias dos teatros de Euskadi. Canciones amarillas para flores tristes.
  • 2021: Bolsa de Dramaturxia e Creación da Xunta de Galicia, convocada pola AGADIC e o Centro Dramático Galego: Relato para un incendio.

Candidaturas[editar | editar a fonte]

  • 2020: Finalista na categoría mellor texto orixinal dos XXIV Premios de Teatro María Casares. Despois das Ondas.[13]
  • 2023: Candidato, xunto a Marta Pérez, a mellor autoría teatral nos XXVI Premios Max das Artes Escénicas. O Péndulo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hacia una escritura dramática propia". 
  2. "'Relato para un incendio', de Ernesto Suárez Is, gaña a primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral". Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  3. "Dramaturxia galega actual. vol. I". afeiraedicions. Consultado o 22-4-2020. 
  4. "DramaturXa". libraria.xunta.gal. Consultado o 22-4-2020. 
  5. Mariño Davila, Esperanza L. (xullo, agosto, setembro 2022). "Un constante renacer do uróboro". Grial LX (235): 89–90. ISSN 0017-4181. 
  6. Mariño Davila, Esperanza L. (abril, maio, xuño 2023). "Sobre profecías e baleas. Cando vence o desamor". Grial LXI (238): 89–90. ISSN 0017-4181. 
  7. "Premios A PIPA de dramatuxia breve 2013/2014" (PDF). erreguete.gal. Consultado o 22-4-2020. 
  8. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  9. Abad de Larriva, Ana (novembro de 2020). "Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia". diariocultural.gal. Consultado o 03/12/2020. 
  10. Fernández Peláez, Julio (abril de 2019). "Ediciones Invasoras publica setenta minutos de justicia". ovejasmuertas.wordpress.com (en castelán). Consultado o 03-12-2020. 
  11. 11,0 11,1 "Microteatro en el Hórreo". editorialcirculorojo.com. Consultado o 22-4-2020. 
  12. "Ernesto Is gaña o XVI Premio Abrente da MIT de Ribadavia Erregueté". Consultado o 2021-07-15. 
  13. "Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios de Teatro María Casares". aaag.gal. 26-2-2020. Consultado o 22-4-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Vídeos externos[editar | editar a fonte]