Saltar ao contido

Fefa Noia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFefa Noia

Fefa Noia no Teatro Valle-Inclán Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de España en Roma
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX4756713 Dialnet: 4087783


María José Noya Ansede, coñecida como Fefa Noia, nada en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1974, é unha directora de teatro e dramaturga. Foi Directora do Centro Dramático Galego entre 2016 e 2019. Actualmente é Directora Adxunta do Centro Dramático Nacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en filoloxía alemá e especializada en arte dramática (curso de posgrao de Especialización en Arte Dramática. Teoría e Práctica da Interpretación) pola Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse durante catro anos a Múnic, onde cursou estudos de Ciencia Teatral no Institut für Theaterwissenschaft da Ludwig-Maximilian-Universität. No presente é doutoranda do Programa de Estudos Teatrais da Universidade Complutense de Madrid.

Formouse como directora no Teatro de La Abadía con mestres como Vicente Fuentes, Juan Carlos Gené, José Luis Gómez, Marcelo Magni ou Lenard Petit.

Foi bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza, da Real Academia de España en Roma (RAER), onde residiu durante un ano, e da Comisión Fulbright, facendo un M.A. en Drama pola San Francisco State University de California.

Ten traballado como autora, dramaturga e tradutora, asumindo labores de dirección no Centro Dramático Galego (CDG), Centro Dramático Nacional (CDN), na Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC) e no Teatro de La Abadía, onde coordinou a actividade de formación e foi axudante de dirección artística durante dez anos. Ten colaborado con directores como Carles Alfaro, José Luis Gómez, Hansgünther Heyme, Dan Jemmett, Georges Lavaudant, Andrés Lima ou Àlex Rigola.

Como directora de teatro conta entre os seus traballos con Andorra de Max Frisch e El coloquio de los perros de Miguel de Cervantes (Teatro de La Abadía/Corral de Comedias), S.P.Q.R. Si vis pacem para bellum de vv.aa. (RAER), El caballero de José Ramón Fernández (EscénaTe & Biblioteca Nacional) ou Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño (CDG). Coa súa compañía, Los Lunes, fundada a canda do actor David Luque, ten dirixido Wild Wild Wilde de José Ramón Fernández, Cuerdas de Bárbara Colio, Ayuda de Maria Goos (1º Premio do Certame de Directoras de Torrejón de Ardoz) e País , escrita por ela mesma.

As súas postas en escena foron exhibidas nos festivais de Almagro, Elx, Alcalá de Henares, Niebla, Escena Contemporánea, FITO de Ourense e o Festival Frinje (Naves do Teatro Español, Madrid), entre outros.

A finais de 2015 gañou o concurso para ser a nova directora do Centro Dramático Galego.[1]

O 1 de xaneiro de 2020 incorporouse como Directora Adxunta ao equipo do Centro Dramático Nacional e baixo a dirección de Alfredo Sanzol.

  1. "La compostelana Fefa Noia dirigirá el Centro Dramático Galego". La Voz de Galicia (en inglés). 22 de decembro de 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]