Saltar ao contido

Navalla (molusco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ensis ensis»)
Artigo principal: Solenoideos.
Navalla
Ensis ensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Superfamilia: Solenoidea
Familia: Pharidae
Xénero: Ensis
Especie: E. ensis
Nome binomial
Ensis ensis
(Linnaeus, 1758) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Ensatella europaea Swainson, 1840
  • Ensis phaxoides Van Urk, 1964
  • Ensis sicula Van Urk, 1964
  • Solen ensis Linnaeus, 1758 (basónimo)
Cunchas de Ensis ensis.

A navalla,[2] Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.

A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis.[3] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.

É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten unha cuncha alongada, algo curvada (máis do que na especie Ensis arcuata) coas valvas simétricas, de até uns 15 cm de lonxitude.[4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[4]

É unha especie moi común no océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, especialmente desde a ría de Muros e Noia até a desembocadura do Miño, aínda que é pouco abundante.

Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 [1] no WoRMS.
  2. navall Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acp., no dicoinario da RAG.
  3. Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii).
  4. 4,0 4,1 4,2 Roldán e Otero (1996), p. 239.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X.
  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
  • Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]