Centre Escolar Catalanista
Centre Escolar Catalanista | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Francesc Cambó |
Historia | |
Fundación | 1886 |
Disolución | 1901 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Catalanismo |
O Centre Escolar Catalanista foi unha entidade catalanista fundada en Barcelona o 21 de outubro de 1886 por un grupo de estudantes da universidade, a fin de organizar reunións e cursos. O seu primeiro presidente elixido foi Marti Roger i Crosa, pero que deu un verdadeiro impulso foi Francesc Cambó.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre os fundadores, presidentes e os seus membros poden atoparse un feixe das figuras relevantes do futuro movemento catalanista como Narcís Verdaguer i Callis (presidente da 1887-1888), Josep Puig i Cadafalch (presidente do 1889-1890), Enric Prat de la Riba (presidente do 1890-1891), Lluís Duran i Ventosa, Pedro Muntanyola i Carner, Josep Rogent e Francesc Cambó (1895-1896).
De outrora foi considerado unha subsidiaria do Centre Català, pero cando este se dividiu en novembro de 1887, a maioría dos membros, de corte máis catalanista e conservador, do Centre Escolar influídos polo xornal La Renaixença uníronse á Lliga de Catalunya, por mor dos esforzos de Narcís Verdaguer i Callis. A partir de entón, foi a Lliga que sería a organización catalanista hexemónica durante os Jocs Florals (Xogos Florais, en galego) de 1888 nos que presentou un memorial de greuges (memorial de queixas, en galego) á raíña rexente.[1]
Ideoloxicamente eran conservadores desde o punto de vista social, pero politicamente aprobou o rexionalismo que pouco a pouco foi evolucionado cara a un nacionalismo aberto e defensor da participación política. En 1891, solicitou á Deputación de Barcelona o establecemento dunha cátedra de dereito catalán na Universidade de Barcelona.
En 1891, a Lliga propuxo a formación da Unió Catalanista que enseguida conseguiu o apoio de entidades e periódicos catalanistas, e celebrou en marzo de 1892 a súa primeira asemblea en Manresa, na que o Centre Escolar participou e onde se aprobaron as Bases per a la Constitució Regional Catalana, máis coñecidas como as Bases de Manresa, que se consideran adoito como a "acta de nacemento do catalanismo político cando, todo o máis, o é do conservador".[2]
En 1901 integrouse na Lliga Regionalista e deixou de existir como unha entidade separada.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De la Granja, José Luis; Beramendi, Justo; Anguera, Pere (2001). La España de los nacionalismos y las autonomías. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-918-7.
- Llorens i Vila, Jordi (1996). La lliga de Catalunya i el Centre Escolar Catalanista: Dues associacions del primer catalanisme politic (Episodis de la historia) (en catalán). Barcelona: Rafael Dalmau Editor. ISBN 978-8423205073.