El Criterio Gallego (Pontevedra)
| El Criterio Gallego | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Lingua
| |
| Publicación | |
|
Lugar de publicación
| |
|
País de orixe
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
|
Data de creación
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata |
El Criterio Gallego foi un periódico editado en Pontevedra en 1893 e 1896.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario católico de la mañana, apareceu a mediados de abril de 1893. Dirixido por Hipólito Codesido Sánchez. Publicación de tendencia carlista, trataba temas políticos. Entre os seus redactores figuraron Emilio Canda Adán, Carmelo Castiñeira Antelo e Eusebio Vence Calviño. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada "Hoja Literaria", dedicada a Rosalía de Castro, na que apareceron traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia Rosalía. A partir de 1894 subtitulouse Diario Católico e publicou como folletín El Pórtico de la Gloria de Antonio López Ferreiro.[1] Cesou a súa edición a principios de setembro de 1895.[2] Volveu aparecer a principios de abril de 1896[3] pero pechou definitivamente en outubro dese ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha no Proxecto Meiga". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2012.
- ↑ Gaceta de Galicia, 5-9-1895, p. 2.
- ↑ Diario de Pontevedra, 6-4-1896, p. 2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Criterio Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra