Elena Candia López
Elena Candia López | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Elena Candia López |
Nacemento | 3 de febreiro de 1978 |
Mondoñedo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado[2]. Así mesmo foi elixida Presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos[3]. En outubro unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo[4].
Predecesor: Orlando González Cruz |
![]() Alcaldesa de Mondoñedo 2015 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Xosé Ramón Gómez Besteiro |
![]() Presidenta da Deputación Provincial de Lugo Entre xuño e outubro de 2015 |
Sucesor: Darío Campos Conde |