Eleccións xerais de España de 1884
| Eleccións xerais de España de 1884 | |
|---|---|
| ← 1881 | |
| Data | 27 de abril de 1884 |
| Tipo | eleccións xerais en España |
| Cargo elixido | Deputado das Cortes |
| Resultado da votación
| |
As Eleccións xerais de 27 de abril de 1884 en España foron convocadas baixo o reinado de Afonso XII en base ao disposto na Constitución española de 1876, vixente ata 1931, na coñecida como Restauración borbónica en España.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]
O 13 de outubro de 1883 o ministerio do Partido Liberal Fusionista presidido por Práxedes Mateo Sagasta asociado polos problemas que suscitaba a violenta intransigencia republicana, a axitación social e as divisións no seo do seu propio partido, entregaba a substitución a outro dirixido por José de Posada Herrera.
O 18 de xaneiro de 1884 a crise do liberal-fusionismo carrexa a caída de José de Posada Herrera e a volta dos conservadores do Partido Liberal-Conservador con Antonio Cánovas del Castillo quen o 31 de marzo disolve as Cortes.
Características
[editar | editar a fonte]O número de votantes para estas eleccións era de 808.243 (o 4,6% da poboación total), mediante sufraxio restrinxido. Elixíronse 392 deputados o día 27 de abril de 1884.
Composición do Congreso dos Deputados
[editar | editar a fonte]| Partido | Escanos | Líder | ||||
| Partido Liberal-Conservador | 310 | Antonio Cánovas del Castillo | ||||
| Partido Liberal | 38 | Práxedes Mateo Sagasta | ||||
| Izquierda Dinástica | 38 | José Posada Herrera | ||||
| Partido Demócrata Posibilista | 10 | Emilio Castelar | ||||
| Progresistas, republicanos, demócratas e independentes | 2 | Eduardo Baselga Chávez | ||||
| Unión Liberal | 1 | Joaquín Fontes y Contreras | ||||
Morte de Afonso XII
[editar | editar a fonte]O 25 de novembro de 1885 morre o rei Afonso XII de España comezando a rexencia de María Cristina no nome do seu fillo o rei Afonso XIII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resultados
- Histórico de Deputados
- El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923) por José Varela Ortega, Carlos Dardé, Josep Armengol i Segú.