Aguilafuente
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Segovia | ||||
| Capital | Aguilafuente | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 564 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 60,57 km² | ||||
| Altitude | 879 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Frutuoso de Segóvia (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Jesús Ballesteros Masso | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 40340 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 40004 | ||||
| Sitio web | aguilafuente.es | ||||
Aguilafuente é un concello da provincia de Segovia, na comunidade autónoma de Castela e León, situado no centro da provincia. Consta de aproximadamente 900 habitantes (que incrementan nos meses de verán, chegando a uns 3000 habitantes), que se dedican á agricultura e gandería. na súa maioría, aínda que na actualidade estanse creando novos sectores que se dedican á hostalaría e ao turismo rural en maior parte.
Conta cun patrimonio e unha rica historia desde a época romana que deixou pegadas nas ruínas de Santa Lucía, (estrada de Sauquillo), así como un vestixios visigodos dentro do actual casco urbano. A igrexa de San Juan, é a sede do museo e recolle todos os vestixios aparecidos desta época romana e visigoda.
Neste municipio celebrouse en 1472 un Sínodo que daría lugar ao primeiro libro impreso en lingua castelá: o Sinodal de Aguilafuente, e editado por Juan Parix na Igrexa de Santa María. O concello atópase situado a uns 36 quilómetros da capital segoviana. A súa patroa é a Virxe da Asunción, festexando as súas festas a mediados do mes de agosto. Outras das festividades importantes son en outubro, as festas de San Froitos celebrando a festa do Santo Cristo da Pena, en febreiro eran antigamente coñecidas as candeas e para rematar en xullo Santa Isabel.
- Sinodal de Aguilafuente (1472)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aguilafuente |
