Ayllón é un concello situado na provincia de Segovia, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España de área 128,19 km² con poboación de 1243 habitantes (2007) e densidade poboacional de 9,7 hab./km².[1] O seu lema coñecido é «Ayllón Historia e Arte». Trátase dun enclave onde se unen a natureza e a arte, destacando os seus monumentos civís, igrexas e palacios. Polo municipio pasan os ríos Aguisejo e Riaza. O seu monumento máis destacado é a Martina, no alto da vila. Tamén a Serra de Ayllón toma o nome desta vila. Ao longo do ano celébranse varias festas de interese cultural, as que se honra ao seu patrón San Miguel, e nos últimos anos o último fin de semana de xullo celébrase o “Ayllón Medieval” durante dous días, onde o ritmo do pobo trasládase aos tempos do Rei Xoán II de Castela e o condestable de Castela Álvaro de Luna.