Saltar ao contido

Ekaterina Vorontsova-Dashkova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEkaterina Vorontsova-Dashkova

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Екатерина Романовна Дашкова Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Екатерина Романовна Воронцова Editar o valor en Wikidata
17 de marzo de 1743 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1810 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOblast de Kaluga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lady-in-waiting of the Imperial Court of Russia (en) Traducir
Presidente da Academia de Ciências da Rússia (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTroitskoe (en) Traducir (1797–)
Korotovo (en) Traducir (1796–1797)
Mikhalkovo (en) Traducir (1795–1796)
San Petersburgo (1782–1795)
Europa (1775–1782)
Europa (1769–1772)
Mikhalkovo (en) Traducir (–1768)
San Petersburgo (–década de 1760) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, escritora, política, dama de compañía Editar o valor en Wikidata
EmpregadorImperial court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaVorontsov family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMikhail Dashkov (1759–) Editar o valor en Wikidata
FillosPavel Dashkov Editar o valor en Wikidata
PaisRoman Vorontsov Editar o valor en Wikidata  e Marfa Ivanovna Surmina Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel Vorontsova
Semyon Vorontsov
Alexander Vorontsov Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5471101

A princesa Ekaterina Romanovna Vorontsova-Dashkova (en ruso: Екатери́на Рома́новна Воронцо́ва-Да́шкова), nada en San Petersburgo o 28 de marzo de 1743[nota 1] e finada en Moscova o 15 de xaneiro de 1810,[2] foi a amiga máis achegada da emperatriz Catarina a Grande e unha importante figura do Iluminismo Ruso. Participou nun golpe de Estado que situou a Catarina no trono. Vorontsova-Dashkova foi a primeira muller do mundo que dirixiu unha academia nacional de ciencia e axudou a fundar a Academia Rusa. Tamén foi unha autora prolífica, con obras orixinais e traducidas sobre moitos temas.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Escudo da familia Vorontsov

Nada como condesa Ekaterina Vorontsova, foi a terceira filla do conde Roman Vorontsov, membro do senado, e destacou polos seus dotes intelectuais. O seu tío Mikhail Illarionovich e o seu irmán Alexander Romanovich prestaron servizo como chanceleres imperiais, mentres que o seu irmán Semyon foi embaixador de Rusia en Gran Bretaña e un recoñecido anglófilo. Recibiu unha educación excepcional, demostrando dende moi nova gustos e habilidades que fixeron a súa carreira tan singular. Estudou matemáticas na Universidade de Moscova. En literatura, os seus autores favoritos eran Bayle, Montesquieu, Boileau, Voltaire e Helvétius.[4]

Golpe de estado de Catarina

[editar | editar a fonte]
Mikhail Ivanovich Dashkov

Mentres aínda era unha nena, tivo relación coa corte rusa, e acabou por converterse nunha das líderes do partido ligado á gran duquesa Catarina Alexeievna.

Antes dos dezaseis anos casou co príncipe Mikhail Ivanovich Dashkov (1736–1764), prominente nobre ruso da dinastía Rurik, en febreiro de 1759, e pasou a residir con el en Moscova.[4] Arpendeu ruso alí para comunicarse coa súa familia política. Trala morte do príncipe Dashkov, dedicouse aos seus fillos, á literatura e á política.[2]

En 1762, foi a San Petersburgo e, segundo ela mesma conta, asumiu o liderado no golpe de estado polo que Catarina chegou ao trono; non obstante, isto foi desmentido por Catarina nas súas cartas.[5] Outro curso dos acontecementos probablemente resultaría na ascensión ao trono da irmá máis vella da princesa Dashkova, Elizaveta, antiga amante do emperador.[4]

Viaxes ao estranxeiro

[editar | editar a fonte]

As súas relacións coa nova emperatriz non foron de natureza cordial, aínda que continuou a ser leal a ela. Moitas veces non lle gustaban os homes que Catarina escollía como amantes, e adoitaba ofenderse polas grazas e a devoción mostradas a eles pola emperatriz. O seu carácter franco, o non disimulado desprezo aos favoritos que segundo ela deshonraban a corte, e quizais tamén o seu sentido do mérito non correspondido, produciron un afastamento entre ela e a emperatriz que acabaron coa petición da princesa de viaxar ao estranxeiro. O permiso foi concedido e pouco despois marchou, aínda que seguiu a ser un apoio leal de Catarina e continuaron a ser amigas. Dise que a verdadeira causa da súa petición de marchar foi a negativa de Catarina a que a nomease coronel das gardas imperiais.

Como o seu marido morrera, comezou en 1768 unha longa viaxe por Europa. Foi recibida con gran consideración nas cortes estranxeiras, e a súa reputación literaria e científica facilitaron a súa entrada na sociedade instruída de moitas das capitais europeas.[4]

En París, tivo unha cálida amizade e a admiración de Diderot e Voltaire. Ela afirmaou de varios xeitos a súa forte atracción por Gran Bretaña e os británicos. Carteouse con Garrick, o doutor Blair e William Robertson; e cando estivo en Edimburgo foi moi ben recibida e confiou a educación do seu fillo, Pavel Michailovich, príncipe Dashkov a Robertson.[4]

Viviu en Edimburgo entre 1777 e 1779 e doou unha colección de medallas conmemorativas rusas á Universidade de Edimburgo.[6] O seu fillo converteuse en axudante de Grigorii Potemkin.[7]

Viaxou a Irlanda, onde se pode ver pasando revista aos Voluntarios Irlandeses nun cadro de Francis Wheatley en novembro de 1779. Fixo amizade con Georgiana Shipley, filla de Jonathan Shipley, en Londres. Coñeceu a Benjamin Franklin en París o 3 de febreiro de 1781.[8][9]

Directora de dúas academias

[editar | editar a fonte]

En 1782, Dashkova volveu á capital rusa e foi tomada en consideración pola emperatriz, coa que simpatizou en gustos literarios e especialmente no desexo de elevar o ruso a un lugar máis alto entre as linguas literarias de Europa.[4]

Inmediatamente despois da súa volta, a princesa foi nomeada directora da Academia Imperial das Artes e das Ciencias, actualmente Academia Rusa das Ciencias.[4] En teoría, o director da Academia era sempre o seu presidente, mais o conde Kirill Razumovsky, que fora nomeado presidente en 1746 con só dezaoito anos só tivo un papel nominal na Academia, e o liderado real da institución foi dos sucesivos directores.

Dashkova foi a primeira muller no mundo en dirixir unha academia de ciencias. Aínda que ela non era científica, Dashkova devolveu á institución a prominencia e o respecto intelectual. Isto provocou un momento crítico na historia da ciencia, a transformación do que se chamaba filosofía natural, que adoitaba ser practicado por afeccionados, a unha empresa profesional.

En 1784 Dashkova tamén foi nomeada primeira presidenta da Academia Rusa, acabada de crear. Neste posto tamén se moveu con grande habilidade. Lanzou o proxecto da Academia de crear o Dicionario das Linguas Rusas en seis volumes, preparou o plan e ela mesma executou parte do traballo.[4]

En 1783 foi elixida membro de honra da Real Academia Sueca das Ciencias, primeira muller estranxeira e segunda muller despois de Eva Ekeblad.

Pouco antes da morte de Catarina, as amigas discutiron sobre unha traxedia que a princesa permitira que fose publicada pola Academia, a pesar de que contiña principios revolucionarios, segundo a emperatriz. Finalmente houbo unha reconciliación parcial, mais pouco despois a princesa retirouse da corte.[4]

Exilio e legado

[editar | editar a fonte]
Casa de Dashkova en Kiryanovo, preto de San Petersburgo

Coa subida ao trono do emperador Paulo en 1796, foi despoxada dos seus despachos e obrigada a retirarse a unha casa miserable na gobernación de Novgorod, "para meditar sobre os sucesos de 1762". Despois dun tempo a sentenza foi modificada parcialmente por petición dos seus amigos e permitiuse que pasase os últimos anos da súa vida na súa propiedade de Moscova, onde morreu o 4 de xaneiro de 1810.[4]

O seu fillo, o último membro da familia Dashkov, faleceu en 1807 e legou a súa fortuna ao seu primo Ivan Vorontsov, que a continuación por licenza imperial adoptou o nome de Vorontsov-Dashkov. O fillo de Ivan, o conde Illarion Ivanovich Vorontsov-Dashkov, tivo un posto na casa do tsar entre 1881 e 1897[4] antes de lograr un amplo renome como gobernador xeral do Cáucaso entre 1905 e 1915.

Ademais do seu traballo no dicionario ruso, a princesa Dashkova editou unha revista mensual e escribiu polo menos dúas obras dramáticas: The Marriage of Fabian, e unha comedia titulada Toissiokoff. As súas memorias publicáronse en francés en París en 1804 (Mon Histoire) e en inglés en 1840 en Londres en dous volumes (Memoirs of the Princess Daschkaw, written by herself).[10] A versión inglesa das súas memorias foron editadas por Mrs. W. Bradford.[4]

  1. Aínda que nas súas memorias sinala 1744 como ano do seu nacemento, considérase un lapsus calami.[1]
Referencias
  1. Dashkova, Ekaterina Romanovna (1995). The Memoirs of Princess Dashkova. Traducido por Fitzlyon, Kyril. Duke University Press. p. 31. ISBN 9780822316213. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Gilman, D. C.; Peck, H. T.; Colby, F. M., eds. (1905). "Dashkoff, Ekaterina Romanovna, Princess". New International Encyclopedia (1st ed.). Nova York: Dodd, Mead. Esta forte indica que o príncipe Dashkov faleceu en 1761.
  3. "Dashkova, Yekaterina Romanovna | Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Dashkov, Catherina Romanovna Vorontsov, Princess". Encyclopædia Britannica 7 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 844. 
  5. Massie, Robert K., Catherine the Great: Portrait of a Woman, (Random House) Nova York, NY, 2011.
  6. "The Dashkov Medals" Arquivado 14 de maio de 2020 en Wayback Machine., Edinburgh University Library, Special Collections and Archives
  7. Prince of princes: the life of Potemkin, Sebag Montefiore, Macmillan, 2001, ISBN 978-0-312-27815-1
  8. "Benjamin Franklin and Russia" Arquivado 19 de agosto de 2019 en Wayback Machine., The Philosophical Age páx. 129
  9. "Benjamin Franklin and Russia" Arquivado 19 de agosto de 2019 en Wayback Machine., The Philosophical Age pp. 58–61
  10. "Ekaterina Dashkova – Russiapedia History and mythology Prominent Russians". Rt.com. 16 de agosto de 1941. Consultado o 16 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]