Efrén Rodríguez
Efrén Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Efrén Rodríguez Gallego | ||
Nacemento | 12 de agosto de 1988 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pontedeume | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2007 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2008 | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
2007–2008 | → Ciudad de Santiago (cedido) | ||
2008–2009 | Narón | ||
2009–2010 | Montañeros | 7 | (0) |
2013–2014 | Racing Vilalbés | 28 | (5) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Efrén Rodríguez Gallego, nado o 12 de agosto de 1988 en Pontedeume, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e militou en varios equipos de Segunda B e Terceira División.
É irmán da cantante Miriam Rodríguez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Deportivo da Coruña e sendo aínda xuvenil disputou co Fabril en Riazor o Trofeo Juan Acuña 2005, onde lle marcou un gol ao gardameta do Deportivo, Gustavo Munúa.[1] A súa boa actuación propiciou que realizase algúns adestramentos co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Joaquín Caparrós.[2] Formou parte tamén da selección galega sub-18 que participou no Campionato de España de seleccións autonómicas de 2006.[3]
Despois de estar durante meses de baixa por unha fractura de tibia e peroné, na tempada 2007/08 o Deportivo cedeuno ao Cidade de Santiago, da Terceira División,[4] co que logrou o ascenso á Segunda B.[5] Na seguinte tempada fichou polo Narón, tamén de Terceira, e na 2009/10 recalou no Montañeros, que iniciaba a súa primeira tempada na Segunda B.[6]
Despois de non contar apenas con minutos no equipo coruñés,[7] na tempada 2010/11 fichou polo Bergantiños, de Terceira. Militou dúas campañas no club carballés, adestrado na primeira por Manuel Varela Bardanca e na segunda por Chus Baleato.[8] En xuño de 2012 asinou co Dorneda, tamén en Terceira,[9] e ao ano seguinte pasou ao Racing Club Vilalbés, onde militou unha tempada antes de colgar as botas.[10]
Entre 2014 e 2015 foi preprarador físico e segundo adestrador de Félix García no Baio, pasando logo ao Laracha.[11] Posteriormente comezou a traballar como adestrador persoal e como coordinador da área de saúde e exercicio do Club do Mar de San Amaro, na Coruña.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Deportivo gana un Juan Acuña devaluado y anodino". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2005. p. 33.
- ↑ Antelo, Iván (29 de xaneiro de 2018). "Cuando el hermano de Miriam de «OT 2017» marcó en Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2021.
- ↑ "El focense David jugará el Nacional con la selección gallega sub-18". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 16 de marzo de 2006. p. 13.
- ↑ "Efrén, cedido al Ciudad de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2007. p. 38.
- ↑ "El Ciudad de Santiago renueva el contrato de diez futbolistas". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2008. p. 37.
- ↑ "El Montañeros puede convertirse hoy en equipo de Segunda B, en sustitución del Ciudad de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 2009. p. 34.
- ↑ "El Montañeros trata de romper en Estella su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2010. p. 35.
- ↑ "El delantero Efrén, del Montañeros, se suma al equipo de Varela Bardanca". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 21 de agosto de 2010. p. 9.
- ↑ "Un fichaje y siete renovaciones". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2012. p. 44.
- ↑ "Efrén, nuevo ariete para el Vilalbés". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 11 de xullo de 2013. p. 11.
- ↑ "Un alta y seis bajas en el Laracha de Félix García para Regional Preferente". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 6 de xuño de 2015. p. 9.
- ↑ "De Efrén a hermano de Miriam, de «Operación Triunfo»". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 4 de febreiro de 2018. p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).