Efialtes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Efialtes (en grego Ἐφιάλτης, ‘o que salta’) pode referirse a:

Varios personaxes históricos:

Varios personaxes da mitoloxía grega:

  • Efialtes, un xigante fillo de Ifimedia e Aloeo ou Poseidón e irmán xemelgo de Oto. Os dous irmáns, chamados os Alóadas polo nome do marido de Ifimedia, pretendían derrocar a Zeus e colocaron o monte Pelión sobre o Osa para chegar até o ceo.
  • Efialtes, outro xigante, fillo de Xea, que participou na xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses. Morreu cando Apolo lle atravesou coa súa frecha o ollo esquerdo e Heracles fixo o propio co dereito.
  • Efialtes, un dos cincuenta fillos de Exipto que morreu na súa noite de vodas a mans da súa esposa Arsalte, incitada polo seu pai.
  • Efialtes, a personificación dos pesadelos. Bernard de Montfaucon, na súa obra L'Antiquité expliquée et représentée en figures menciona aos efialtes ou hifialtes (en plural) como equivalente grego dos íncubos e súcubos latinos, espíritos que adoptaban a forma de homes ou mulleres respectivamente para atormentar aos humanos introducíndose nos seus soños.

Patoloxía psicolóxica: