Oracle Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oracle Arena
Oracle-Arena-Logo.svg
GSW Vs Utah.jpg
Flag of the United States.svg Oakland Coliseum Arena
Datos
LocalizaciónFlag of California.svg Oakland (California)
Nomes antigosOakland-Alameda County
Coliseum Arena (1966–96)
The Arena in Oakland (1997–05)
Oakland Arena (2005–06)
Construción
Construción15 de abril de 1964
Inauguración9 de novembro de 1966
Renovación19961997
ArquitectoSOM
Custo$25 millóns
$121 millóns (renovación)
Estadio
Capacidade19.596
PropietarioCidade de Oakland
Condado de Alameda
LocalíaGolden State Warriors (NBA)
Eventos
NBA All Star Weekend (2000)

O Oracle Arena (chamado orixinalmente Oakland-Alameda County Coliseum Arena, antigamente The Arena in Oakland e Oakland Arena e comunmente Oakland Coliseum Arena) é un pavillón multiúsos situado na cidade californiana de Oakland (Estados Unidos). Construído en 1966 como parte dun complexo deportivo, que tamén abranxe o estadio "O.co Coliseum" que utilizan os Oakland Athletics (MLB) e os Oakland Raiders (NFL), é o pavillón onde xogan os partidos como locais os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

Antes da remodelación levada a cabo durante a temporada 1996-97, o pavillón tiña capacidade para 15.025 espectadores. Isto facía que estivese lixeiramente por detrás doutros grandes pavillóns californianos: o Great Western Forum en Inglewood, que acollía naquela altura os partidos como local de Los Angeles Lakers, e onde entran 17.505 espectadores; o ARCO Arena en Sacramento, pista dos Kings con capacidade para 17.317; e o Los Angeles Memorial Sports Arena, fogar daquela de Los Angeles Clippers con capacidade para 16.161.

Cando o pavillón reabriu durante a temporada 1997-98 a súa capidade era xa de 19.596, o que o facía o pavillón máis grande dos catro recintos califonianos onde se xogan prtidos da NBA. Actualmente segue a ser o máis grande, estando por detrás o Staples Center (actual pavillón tanto dos Lakers como dos Clippers) e o Sleep Train Arena de Sacramento.

Véxese tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]