Edmond Halley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Edmund Halley")
Edmond Halley
Edmund Halley.gif
Datos persoais
Nacemento 8 de novembro de 1656
Lugar Flag of England.svg Londres, Inglaterra
Falecemento 14 de xaneiro de 1742 (85 anos)
Lugar Union flag 1606 (Kings Colors).svg Greenwich, Gran Bretaña
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade Inglés (despois británico)
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe Mary Tooke
Fillos Dr. Edmond Halley
Margaret
Richelle
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Astronomía, Xeofísica, Matemáticas, Meteoroloxía, Física e Cartografía
Alma mater Universidade de Oxford
Instituacións Universidade de Oxford
Astrónomo Real
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese {{{director_tese}}}
Alumnos tese {{{alumnos_tese}}}
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Cometa Halley
Influído por {{{influído}}}
Influíu en {{{influíu}}}
Premios {{{premios}}}

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

{{{notas}}}

Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña (Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra. Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa (1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edmund Halley