Greenwich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Greenwich marítimo
Greenwich marítimo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
LocalizaciónCoordenadas: 51°28′45″N 0°00′00″L / 51.4791, -0.0000
TipoCultural
CriteriosI, II, IV, VI
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador795

Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támese no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).

A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e o seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]