Día Internacional do Orgullo LGTB
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.
A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data ou no sábado inmediatamente posterior. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1969, clientes do bar Stonewall Inn, en Nova York, frecuentado por homosexuais e transexuais, fixéronlle fronte á acción policial alí ocorrida, desencadeándose dous días de protestas que culminaron na marcha do 1 de xullo de 1970, precursora das do Orgullo LGTB.
Marchas e celebracións
[editar | editar a fonte]A celebración é coñecida sobre todo polas coloridas «marchas do orgullo» (en inglés «pride parades») que coinciden, no hemisferio norte, co inicio do verán. Os símbolos do orgullo LGTB+ son a bandeira coas cores do arco da vella e os triángulos rosas. Hoxe en día, após se teren superado en moitos países as leis que penalizaban a homosexualidade, reivindícase o mesmo para o resto do mundo.
En Europa, cada ano os colectivos homosexuais elixen unha cidade distinta de forma itinerante para celebrar en conxunto o orgullo LGTB+ de todo o continente. Esta marcha é denominada Europride.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día Internacional do Orgullo LGTB |