Conversa:Día Internacional do Orgullo LGTB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Este artigo non concorda cos outros ligados, agás o da wikipedia española, os outros artigos falan de Orgullo Gai, con marchas no mes de xuño pero tamén en maio (Sao Paulo por exemplo) ou agosto (Ámsterdam). Realmente existe un Día do Orgullo Gai con carácter internacional ou é algo cuñado polos medios de comunicación españois para referirse ás marchas gay que se celebran en todo o mundo.

Nesta ligazón [1] de The LIbrary of the Congress, falan do Mes do Orgullo por xuño. Para min semella que o de día do Orgullo Gay é algo exclusivamente español, ou quizais dalgún país máis pero non é algo xeral.--Sernostri (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 21:23 (UTC)
Aquí [2] atopei unha lista con datas de marchas de orgullo que van de maio ata mesmo setembro. As informacións que estou atopando na web van en contra que exista realmente un día específico do orgullo gai con carácter internacional, tan só en prensa española ou web de asociacións gais españolas falan dun día do orgullo gai ou mesmo dun día internacional do orgullo gai, do que eu non atopo referencia en fontes de fóra de España.--Sernostri (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 21:40 (UTC)