Duke Kahanamoku
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Competindo para | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Estocolmo 1912 | Natación 100m libres | ||
| Anveres 1920 | Natación 100m libres | ||
| Anveres 1920 | Natación 4x200 libres | ||
| Estocolmo 1912 | Natación 4x200 libres | ||
| París 1924 | Natación 100m libres | ||

Duke Paoa Kahinu Mokoe Hulikohola Kahanamoku, nado o 24 de agosto de 1890 e finado o 22 de xaneiro de 1968, foi un nadador hawaiano que é coñecido por popularizar o deporte do surf. Foi medallista olímpico en cinco ocasións na disciplina de natación. Tamén foi actor, avogado, xogador de volei praia e home de negocios.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natación
[editar | editar a fonte]Participou, con 21 anos nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo e alí gañou a medalla de ouro na proba dos 100 metros libres e mais a de prata na de 4x200 metros libros. Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres volveu gañar na proba dos 100 metros libres e ademais tamén en 4x200 metres libres, establecendo unha nova marca mundial. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, a súa última participación olímpica, gañou a medalla de prata nos 100 metros libres.
Wáter-polo
[editar | editar a fonte]Nos Xogos olímpicos de 1920 participou en wáter-polo, finalizando na sexta posición.
Surf
[editar | editar a fonte]Ao retirarse da competición activa viaxou por todo o mundo para promover o surf, en especial no territorio continental dos Estados Unidos, e mais tamén en Australia, realizando diversas exhibicións deste deporte tradicional de Hawaii.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1925 | Adventure | Noah Noa | |
| The Pony Express | Xefe indio | ||
| No Father to Guide Him | Vixilante | ||
| Lord Jim | Tamb Itam | ||
| 1926 | Old Ironsides | Capitán pirata | Sen acreditar |
| 1927 | Hula | Rapaz hawaiano | Sen acreditar |
| Isle of Sunken Gold | The Devil-Ape | ||
| 1928 | Woman Wise | Garda | |
| 1929 | The Rescue | Jaffir | |
| Where East Is East | Trampeiro de animais | Sen acreditar | |
| 1930 | Girl of the Port | Kalita | |
| Isle of Escape | Manua | ||
| 1931 | Around the World with Douglas Fairbanks | El mesmo | Documental |
| The Black Camel | Instrutor de surf | ||
| 1948 | Wake of the Red Witch | Ua Nuke | |
| 1955 | Mister Roberts | Xefe nativo (como Duke Kahanamoko) | |
| 1957 | This Is Your Life | El mesmo | |
| 1967 | Free and Easy | El mesmo | Documental |
| Surfari | El mesmo | Documental |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kelly Murphy with Hallie Fryd (2013). Historical Heartthrobs: 50 Timeless Crushes-From Cleopatra to Camus. USA: Zest Books. p. 109. Consultado o 25 de agosto de 2014.
- ↑ Hall, Sandra Kimberly. (2004). Duke: A Great Hawaiian. Honolulu, HI: Bess Press. ISBN 1-57306-230-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Duke Kahanamoku |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pobo hawaiano
- Actores de Hawai
- Surfistas dos Estados Unidos de América
- Nados en Honolulu, Hawai
- Nados en 1890
- Finados en 1968
- Nadadores olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de wáter-polo dos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Medallistas olímpicos en natación
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1912
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1920
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1924
- Xogadores de wáter-polo olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1920