Os hawaianos[1] (en hawaiano:kānaka ʻōiwi, kānaka maoli ou hawaiʻi maoli) son un pobo indíxena polinesio nativo das illas de Hawai.[2] As orixes dos hawaianos remóntanse ós primeiros poboadores polinesios que se asentaron en Hawai.
Na época da chegada de James Cook en 1778, a súa poboación estimouse entre as 250000 e as 800000 persoas.[3][4] No primeiro século despois do contacto, os nativos hawaianos case desapareceron por mor das doenzas introducidas nas illas, xa que non tiñan defensas contra a gripe, a varíola, o xarampón ou a tose ferina. O censo de 1900 dos Estados Unidos identificou 37656 residentes como total ou parcialmente nativos hawaianos.[5] O censo de 2000 identificou 283430 residentes nativos hawaianos, amosando unha gran tendencia de crecemento dende a anexión como estado en 1898.[6]
Maenette K. Nee-Benham and Ronald H. Heck, Culture and Educational Policy in Hawaiʻi: The Silencing of Native Voices, Lawrence Erlbaum Associates, Inc., 1998
Scott Cunningham, Hawaiian Magic and Spirituality, Llewellyn Worldwide, Ltd., 2000
Rona Tamiko Tamiko Halualani, In the Name of Hawaiians: Native Identities and Cultural Politics, University of Minnesota Press, 2002
Marshall D. Sahlins, How Natives Think: About Captain Cook, for Example, University of Chicago Press, 1995