Kaiō Shin do leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Kaiō Shin do leste (東の界王神 Higashi no Kaiō Shin?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. É un dos Kaiō Shin, os cinco deuses por riba dos Kaiō que se encargan de protexer todo o universo de ameazas supremas, este personaxe esta a cargo de protexer a zona Leste do universo. Vive no planeta dos Kaiō shin.

Shin ten enormes poderes de loita e varias técnicas especiais, normalmente ondas de enerxía. Ademais de poder voar, Shin ten poderes mentais e máxicos. Trala fusión con Kibito, adquire máis forza, poder e técnicas, como o teletransporte.

Biografía[editar | editar a fonte]

O Kaiō Shin do Leste foi o único supervivente da batalla contra Majin Boo, tódolos demais deuses foron eliminados e Kaiō Shin ideou un plan para destruír a Majin Boo, matando a Bibidi cando Majin Boo estaba encerrado nunha esfera.

Despois diso, Kaiō Shin, xunto co seu axudante Kibito, seguiu co seu traballo de deus de deuses. Pero a ameaza de Majin Boo volveu outra vez, debido a que o fillo de Bibidi, Babidi, artellaba liberar a Majin Boo. Shin foi á Terra, xunto a Kibito, e participou no Torneo Mundial de Artes Marciais co nome de Shin, onde coñeceu a Son Goku e ós seus amigos. Aínda coa axuda de Goku e os demais, Shin non puido impedir a resurrección de Majin Boo.

Xunto a Son Gohanda, Shin loitou contra o monstro e ambos foron derrotados. Grazas a Kibito, Kaiō Shin e Gohan recuperáronse das súas feridas e os tres foron ó planeta Kaiōshin, onde Kaiō Shin agardaba que Gohan liberara unha espada sagrada, a Espada Z, que outorgaba ó seu dono unha forza descomunal. Gohan liberou a espada e resultou que non daba esa gran forza, senón que, ó liberar a espada, tamén liberaron ó Rō Kaiō Shin que vivira fai 15 xeracións antes que o actual Kaiō Shin.

Cando Gohan foi derrotado, Goku decidiu ir á Terra para salvar ó seu fillo e o vello Kaiō Shin entregoulle os seus pendentes "Potara" para que Goku se fusionase con Gohan. Para mostrar a Goku como se fusionaría, o vello Kaiō Shin pediulle que Kaiō Shin e Kibito se fusionasen, dando orixe a "Kibitoshin". Pero ó vello Kaiō Shin esquecéuselle mencionar que os efectos da fusión eran permanentes e Shin e Kibito quedaron fusionados para sempre.

En Dragon Ball GT, Kibitoshin salvou a Goku de morrer cando estivo a piques de ser liquidado pola Bola Vingadora de Vexeta Bebé empregando a súa técnica de tele transportación. Xa no Planeta Sagrado, axudou ó Rō Kaiō Shin a facerlle medrar o rabo a Gokū para facelo máis poderoso.

Posteriormente liberou a Dende e ó Señor Popo do control de Bebé ó destruír os ovos que tiñan implantados coa axuda da Súper Auga Sagrada; unha vez liberados, fixo o mesmo cos humanos e os Guerreiros Z.

Unha vez concluída a batalla entre Goku e Baby, axudou a transportar ós humanos da Terra cara o planeta Plant antes de que fose destruída.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]