Doutores honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra
Aparencia
A Universidade Pompeu Fabra, creada o 18 de xuño de 1990, é unha universidade pública radicada en Barcelona. Ten nomeado como doutores honoris causa ás seguintes persoas, até novembro de 2023:
Curso | Imaxe | Nome | País | Mérito |
---|---|---|---|---|
1999-2000 | Desmond Tutu[1] | Suráfrica | "En recoñecemento á súa persoa e á súa militancia na defensa dos valores que se cruzan co respecto aos dereitos humanos, a xustiza, a tolerancia, a igualdade e a liberdade das persoas independentemente da súa condición, raza e relixión"[2] | |
2001-2002 | Miquel Batllori[3] | España | "Polos seus numerosos e excelentes traballos de investigación sobre a historia de Cataluña, que contribuíron a proxectar a cultura catalá e situala no contexto da historia universal"[2] | |
2006-2007 | Woody Allen[4] | Estados Unidos | "É unha das figuras clave non só do cine, senón do conxunto da cultura contemporánea"[2] | |
2007-2008 | Robert M. Solow[5] | Estados Unidos | "Polas súas decisivas contribucións en diversas áreas da ciencia económica, que constituíron un punto de partida para a teoría económica moderna do crecemento"[2] | |
2009-2010 | Michelle Bachelet[6] | Chile | "Por ter promovido políticas de reparación e reconciliación históricas e de mellora dos niveis de xustiza social, con especial atención á poboación feminina"[2] | |
Alois Maria Haas[7] | Suíza | "Pola súa traxectoria académica no ámbito da teoloxía e da historia das relixións e da mística, e polo extraordinario mérito social e cultural que supuxo a doazón á UPF da súa biblioteca privada, composta por preto de 40.000 volumes, de gran valor bibliográfico"[2] | ||
2010-2011 | Joan Manuel Serrat[8] | España | “Pola dignidade e forza da palabra e polo valor expresivo das súas cancións orixinais, pola difusión da obra dalgúns dos mellores poetas do século XX, pola defensa cívica e política da lingua e da cultura catalás durante o franquismo e por ter contribuído, a través da súa música, á difusión do catalán polo mundo"[2] | |
Jordi Nadal[9] | España | "Por ser un dos referentes da historiografía española nas últimas décadas, e polo indiscutible dominio que exerceu na formación de varias xeracións de historiadores e economistas"[2] | ||
2011-2012 | Eugenio Bulygin[10] | Rusia | “Polo feito de que atesoura unha brillante e ampla traxectoria docente e investigadora nas áreas de Filosofía do Dereito, Moral e Política, e exerceu un dominio indiscutible e rendible na formación de varias xeracións de filósofos do dereito tanto en América Latina como en Europa"[2] | |
Ernesto Garzón Valdés[10] | Arxentina | “Polo feito de que atesoura unha brillante e ampla traxectoria docente e investigadora nas áreas de Filosofía do Dereito, Moral e Política, e exerceu un dominio indiscutible e rendible na formación de varias xeracións de filósofos do dereito tanto en América Latina como en Europa"[2] | ||
William Labov[11] | Estados Unidos | "Pola súa brillante traxectoria docente e investigadora e por ser un dos máximos referentes no ámbito da lingüística, fundador da sociolingüística variacionista ou cuantitativa"[2] | ||
2012-2013 | Miquel Barceló[12] | España | “Pola súa impresionante contribución á pintura e á escultura contemporáneas, manifestada nunha traxectoria que conxuga o arraigo na terra cunha inmensa capacidade para converterse nun artista global, e que se expresa nunha obra singular na que amosa as aspiracións, as inquedanzas, o a alegría e a tristeza dos seres humanos de hoxe"[2] | |
2013-2014 | Sydney Brenner[13] | Suráfrica | "Pola súa brillante traxectoria docente e investigadora en bioloxía molecular e que o converteu nun dos principais referentes mundiais neste campo do coñecemento"[2] | |
2016-2017 | Frederick Wiseman[14] | Estados Unidos | “En recoñecemento á súa valente traxectoria, en relación cos estudos cinematográficos, e a un traballo que contribuíu a ampliar os coñecementos cinematográficos e sociolóxicos cun alto compromiso co progreso e coas institucións que regulan a nosa sociedade”[2] | |
2017-2018 | Dorcas Muthoni[15] | Kenya | "En recoñecemento á súa traxectoria emprendedora no ámbito das TIC no continente africano, o seu importante traballo na promoción dos estudos de enxeñería entre as mulleres novas de África e o seu compromiso social para romper os círculos viciosos da pobreza"[2] | |
2018-2019 | Maria João Pires[16] | Portugal | “En recoñecemento á excelencia artística, pola súa contribución ao mundo da música como unha das pianistas e intérpretes de música clásica máis destacadas das últimas décadas, e especialmente pola súa contribución a unha forma de pedagoxía musical máis integral, fortemente arraigada nos valores, e con obxectivos de integración social de persoas desfavorecidas"[2] | |
2019-2020 | Gonzalo Pontón[17] | España | “Ser un referente na difusión do pensamento histórico, político, humanístico, literario e científico de máxima categoría intelectual, a través do seu labor como editor e historiador”[2] | |
2020-2021 | Angela Davis[18] | Estados Unidos | "Pola súa ampla traxectoria académica e intelectual, con valiosas análises sobre a interrelación entre xénero, raza e clase social, así como a súa activa militancia na defensa dos dereitos civís, a xustiza, a igualdade e a liberdade das persoas"[2] | |
2021-2022 | Christiane Nüsslein-Volhard[19] | Alemaña | "En recoñecemento á súa excepcional traxectoria investigadora que permitiu identificar os xenes que regulan o desenvolvemento dos organismos vivos e descubrir os principios xerais do desenvolvemento embrionario. Tamén é un exemplo de honestidade e compromiso da investigación científica coa sociedade".[2] | |
2022- 2023 | Raewyn Connell[20] | Australia | “A Universidade quere recoñecer os seus estudos e as súas investigacións sobre a construción de xerarquías e masculinidades de clase e xénero. É un referente significativo na loita pola xustiza, a igualdade e a paz e contra a violencia de xénero. Ademais, a súa distinción contribúe, como muller trans, a promover a paridade na acción institucional e a aumentar a diversidade nos perfís dos premiados”[2] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reverend Arquebisbe Desmond Tutu, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 16 de febreiro de 2000. Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 "Relació de doctors honoris causa per la Universitat Pompeu Fabra". upf.edu (en catalán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Miquel Batllori, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 23 de maio de 2002. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Woody Allen, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 14 de xuño de 2007. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Robert M. Solow, doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 29 de febreiro de 2008. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "La UPF atorga el doctorat honoris causa a Michelle Bachelet". upf.edu (en catalán). 22 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Alois M. Haas, investit doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 30 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Joan Manuel Serrat ha rebut avui el doctorat honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 13 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "La UPF atorga el doctorat honoris causa a Jordi Nadal". upf.edu (en catalán). 1 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ 10,0 10,1 "Eugenio Bulygin i Ernesto Garzón Valdés, investits doctors honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 20 de outubro de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "La UPF nomena el lingüista William Labov doctor honoris causa". upf.edu (en catalán). 14 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Miquel Barceló, investit doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 28 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Sydney Brenner captiva la UPF en la seva investidura com a doctor honoris causa". upf.edu (en catalán). 3 de abril de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "El documentalista Frederick Wiseman, doctor honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 3 de maio de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Dorcas Muthoni, enginyera i emprenedora kenyana, doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 10 de decembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ ""Qui s'expressa a través de l'art és més creatiu, més crític, més lliure"". upf.edu (en catalán). 22 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ ""He construït el meu mosaic editorial amb les millors tessel·les del coneixement que he pogut aplegar"". upf.edu (en catalán). 22 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2023. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ ""El gènere no es pot separar de la raça i la classe, hem d'abordar les causes sistèmiques de l'explotació”". upf.edu (en catalán). 10 de marzo de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Christiane Nüsslein-Volhard, Premi Nobel en Fisiologia o Medicina, investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en catalán). 12 de xullo de 2022. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Raewyn Connell, sociòloga australiana, experta en masculinitats, serà investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en castelán). 31 de marzo de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2023.