Raewyn Connell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaewyn Connell

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Melbourne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsocióloga , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Macquarie (pt) Traducir
Universidade de Sydney Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiWilliam Connell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2618314


Raewyn Connell, usualmente citada como R. W. Connell, nada o 3 de xaneiro de 1944, é unha socióloga australiana, especialmente coñecida polo seu desenvolvemento do concepto de masculinidade hexemónica;[1] aínda que tamén ocupouse de temas de clase, xénero e educación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como socióloga, Raewyn investigou sobre a estrutura das clases sociais (Ruling Class, Ruling Culture, 1977) (Class Structure in Australian History, 1980), e sobre como as xerarquías de clase e de xénero son feitas e refeitas na vida cotiá nas escolas (Making the Difference, 1982; Teachers' Work, 1985).

Desenvolveu unha teoría social das relacións de xénero (Gender and Power, 1987; Gender: in World Perspective, 2002/2015), argumentando que o xénero é unha estrutura social dinámica e a gran escala, non só unha cuestión de identidade persoal. En campos aplicados traballou sobre a pobreza e a educación (Escolas e Xustiza Social, 1993), a sexualidade e a prevención da sida e a equidade de xénero.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2023, foi nomeada Doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ribera, Jorge Cascales (2019-12-01). "Raewyn Connell: una vida atravesada por el género / Raewyn Connell: a life crossed by gender" (en castelán) (35): 171–178. ISSN 2340-4795. Consultado o 2023-11-03. 
  2. "Raewyn Connell, sociòloga australiana, experta en masculinitats, serà investida doctora honoris causa per la UPF". upf.edu (en castelán). 31 de marzo de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2023.