Dima Bilan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dima Bilan
Дима Билан на Детской Новой волне 2016.jpg
Nome completoВиктор Николаевич Белан
Nacemento24 de decembro de 1981
Lugar de nacementoUst-Dzheguta
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterRussian Institute of Theatre Arts e Gnessin Russian Academy of Music
Ocupacióncantautor, cantante, compositor, poeta, modelo e actor
PremiosPrêmio Gramofone de Ouro, Muz-TV Awards, Merited Artist of the Russian Federation, World Music Awards, ZD Awards, Russian National Music Award e sen etiquetar
Na rede
https://bilandima.ru/
IMDB: nm1855744 Facebook: BilanDima Twitter: BilanOfficial Instagram: bilanofficial Telegram: bilanofficial VK: id51663629 MySpace: dimabilan Youtube: UCrnxeDn1Biodm9jO8yAyj3g TikTok: bilanofficial Spotify: 19rplJ3Uh67C1fNAwq7ohw iTunes: 160343465 Last fm: Дима+Билан Musicbrainz: 8b86576e-1cf5-46c8-970a-a79d13c2e0f0 Songkick: 557723 Discogs: 753172 Allmusic: mn0001546235 Deezer: 1998841 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dima Bilan (escrito en caracteres cirílicos Дима Билан), de nome real Victor Belan, nado na noiteboa de 1981 en Ust-Dxeguta, daquela Unión Soviética, é un cantante pop ruso.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado nunha pequena cidade da república non-independente caucásica de Carachai-Circasia, ao sur da Unión Soviética. Despois de vivir na cidade de Naberexnie Chelni, en Tartaria e en Cabardino-Balcaria, fixo estudos musicais e, en 2002 comezou a presentarse a distintos cursos de ámbito ruso. En 2003 publicou o seu primeiro álbum, con pezas propias e alleas (Lucio Dalla, Elvis Presley etc.)

En 2005 tentou representar a Rusia no Festival de Eurovisión, pero quedou en segunda posición. A súa traxectoria internacional comeza cando se que conseguiu representar a Rusia no Festival de Eurovisión 2006, coa canción Never Let You Go, coa que quedou en segunda posición, por detrás do grupo finlandés Lordi. Bilan obtivo 248 puntos, a 44 de Lordi: as puntuacións máximas obtívoas de Armenia, Belarús, Finlandia, Israel, Letonia, Lituania e Ucraína, e unicamente dous países Mónaco e Suíza non lle concederon ningún punto. Nesa ocasión, Rusia participou na semifinal, nunha época de Eurovisión onde só participaban na semifinal os peores clasificados do ano anterior.

Despois de seguir actuando en Rusia e de publicar algúns álbums máis, en 2007 asinou un contrato cun selo californiano para comezar a vender fóra do seu país. En 2008 volveu participar en Eurovisión en representación rusa. Clasificouse nas semifinais (desta volta, xerais para case todos os países), e logo impúxose na final con 272 puntos e sete máximas puntuacións (Armenia, Belarús, Estonia, Israel, Letonia, Lituania e Ucraína) , mentres que seis países non lle concederon ningún voto (San Marino, Suíza, Suecia, Islandia, Dinamarca e o Reino Unido). A canción interpretada foi "Believe", e acompañárono o violinista húngaro Edvin Marton e o campión mundial de patinaxe artística Evgueni Pluxenco.


Predecesor:
Marija Šerifović
 Gañador de Eurovisión 
2008
Sucesor:
Alexander Rybak

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • 2003, Я ночной хулиган (Son un hooligan da noite)
  • 2004, На берегу неба (Na ribeira do ceo)
  • 2006, Время-река (Río Tempo)
  • 2008, Против Правил (Contra as regras)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]