Dibámidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dibamios»)
Dibámidos
Dibamidae

Anelytropsis papillosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Dibamia
Gasc, 1968
Familia: Dibamidae
Boulenger, 1884
Xéneros
Véxase o texto

A dos es dibámidos (Dibamidae) é unha familia de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios a única incluída na infraorde dos dibamios.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Infraorde[editar | editar a fonte]

A infraorde foi descita en 1968 polo zoólogo francés, especialista en anatomía comparada, Jean-Pierre Gasc,[2] como suborde dos escamosos,[3] en: Gasc, J-P. (1968): '"Contribution à l'ostéologie et à la myologie de Dibamus novaeguineae Gray (Sauria, Reptilia). Discussion systématique". Annales des sciences naturelles. Zoologie et biologie animale, vol. 10, pp. 127-150.

Familia[editar | editar a fonte]

A única familia da actual suborde fora descrita en 1884 polo biólogo belga, nacionalizado británico George Albert Boulenger,[4][5] en Boulenger, C. A. (1884): "Synopsis of the families of existing Lacertilia". Annals and magazine of natural history, ser. 5, vol. 14, pp. 117-122. (texto completo)

Xéneros[editar | editar a fonte]

A familia comprende unicamente os dous xéneros seguintes:[4][5][6]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Os nomes científicos da infraorde, e da familia, están contruídos sobre a base da raíz do seu xénero tipo Dibamus, tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas",[7] coa adición dos sufixos do latín científico -ia, incicando plural, e -idae, propio dos nomes das familias de animais, respectivamente.

Características[editar | editar a fonte]

Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades.[8] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[8][9]

O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama.[9]

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea.[10] Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo.[10] Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.[9][11]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes. [12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
  2. Jean-Pierre Gasc na web do Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
  3. Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
  4. 4,0 4,1 Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.
  5. 5,0 5,1 Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS.
  6. "The Reptile Database". reptile-database.reptarium.cz. Consultado o 5 de novembro de 2019. 
  7. Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71.
  8. 8,0 8,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427. 
  10. 10,0 10,1 Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6. OCLC 908397943. 
  11. Cogger, Harold G.; Zweifel, Richard George, eds. (1998). Encyclopedia of Reptiles & Amphibians (2nd ed.). San Diego, California. ISBN 0-1217-8560-2. OCLC 39559811. 
  12. Tonini, João Filipe Riva; Beard, Karen H.; Ferreira, Rodrigo Barbosa; Jetz, Walter; Pyron, R. Alexander (01-12-2016). "Fully-sampled phylogenies of squamates reveal evolutionary patterns in threat status". Biological Conservation. Advancing reptile conservation: Addressing knowledge gaps and mitigating key drivers of extinction risk 204: 23–31. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/j.biocon.2016.03.039. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]