Anelytropsis papillosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anelytropsis»)

Anelytropsis papillosus

Anelytropsis papillosus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Dibamia
Familia: Dibamidae
Xénero: Anelytropsis
Cope, 1885
Especie: A. papillosus
Nome binomial
Anelytropsis papillosus
Cope, 1885

Anelytropsis papillosus é unha especie de réptil da orde dos escamosos e suborde dos lacertilios, a única integrada no xénero Anelytropsis, un dos dous que comprende a familia dos dibámidos.[2][3]

Trátase dunha especie rara da que se coñecen moi poucos espécimes.[1] Pola súa aperencia externa seméllase ás anfisbenas, pero están afastados filoxeneticamente delas.[4]


Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a especie foron taxons descritos en 1885 polo paleontólogo e notábel especialista en anatomía comparada, así como en herpetoloxía e ictioloxía estadounidense Edward Drinker Cope,[2][3] no seu traballo "A contribution to the herpetology of Mexico", publicado en Proceedings of the American philosophical Society, 22: 379–404. BHL.[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O nome científico Anelytropsis foi proposto (por Cope) para xustificar o da familia denominada Anelytroapidae Cope, a cal baseábase en Anelytrops Duméril, como sinónimo da familia Feylinia Gray. Nin Duméril nin Cope discutiron a etimoloxía do nome, pero aparentemente deriva da unión dos termos do grego antigo ἀνά aná, "arriba","sobre", "en riba de"; ἓλυτρον élytron, "envoltura", "funda", "vaíña", e ὥψ ops, "vista", "ollo".[6]

Nome expecífico[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, papillosus procede do adxectivo latino papillosus, "papiloso", en referencia ás papilas presentes nas escamas da parte anterior da cabeza.[7]

Nome vulgar[editar | editar a fonte]

Na maioría da bibliografía internacional dáselle á especie o nome de lagarto cego mexicano (como en inglés Mexican blind lizard,[8] ou en castelán Lagartija-ciega mexicana.[3]).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Como quedou dito, o xénero Anelytropsis é monotípico, polo que só comprende unha especie:

  • Anelytropsis papillosus Cope, 1885 .

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun pequeno lagarto (ten unha masa corporal máxima de 110,99 g),[9] insectívoro, de corpo longo, cilíndrico e delgado, adaptado para escavar no solo,[10] e cunha aparente falta de extremidades.[11] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[11][12]

O seu cranio está rixidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama,[12] o que xustifica o seu nome vulgar.

Hábitat, distribución e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Anelytropsis papillosus é unha especide forestal que habita no solo de bosques tropicais húmidos e en bosques caducifolios de rexións semiáridas, tanto en bosques primarios como en secundarios cerca dos primarios. É endémica do leste de México onde se escontra nos estados de Tamaulipas, Veracruz, San Luís Potosí, Querétaro e Hidalgo, en altitudes entre os 300 e os 500 m. A súa poboación, aínda que parece ser abundante, está ameazada pola deforestación do seu hábitat para a súa conversión en terras agrícolas (cultivos e pasteiros).[1]

É unha especie ovípara.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta a súa ampla área de distribución, a presumíbel gran poboación e porque é improbable que esta estea, a pesar da deforestación do seu hábitat, a diminuír o suficientemente rápido como para poder clasificarse nunha categoría máis ameazada, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupoante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Canseco-Márquez, L., Mendoza-Quijano, F. & Ponce-Campos, P. (2007): Anelytropsis papillosus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 6 de novembro de 2019.
  2. 2,0 2,1 Genus Anelytropsis Cope, 1885 en The Taxonomicon.
  3. 3,0 3,1 3,2 Anelytropsis Cope, 1885 no ITIS.
  4. Reeder, T. W.; Townsend, T. M.; Mulcahy, D. G.; Noonan, B. P.; Wood, P. L.; Sites, J. W.; Wiens, J. J. (2015). "Integrated analyses resolve conflicts over squamate reptile phylogeny and reveal unexpected placements for fossil taxa". PLoS ONE 10 (3): e0118199. doi:10.1371/journal.pone.0118199. 
  5. Anelytropsis en wikispecies.
  6. Campbell, Howardw (1974): Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Anelytropsis Cope. Mexican blind lizard.
  7. Campbell, Howardw (1974): Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Anelytropsis papiloosus Cope. Mexican blind lizard.
  8. Ver os exemplos citados aquí, nas referencias.
  9. Mexican Blind Lizard. Anelytropsis papillosus Cope 1885 na EOL.
  10. Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6.
  11. 11,0 11,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807. 
  12. 12,0 12,1 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]