Subida ao Naranco
A Subida al Naranco é unha clásica ciclista, que naceu no ano 1941. Dispútase na provincia de Asturias, sendo a saída habitual a súa capital Oviedo, finalizando no cumio do porto Naranco, actualmente denominada cumio "El Tarangu".
Só a partir do ano 1981 se disputa anualmente sen interrupción e desde a creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 é unha proba da categoría 1.1 dentro do UCI Europe Tour.
A partir do 2011 deixouse de disputar como carreira independente, e se integrou como etapa final da Volta a Asturias