Volta a Portugal
| Tipo | carreira por etapas |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Localización e Datas | |
| Localización | Portugal 39°N 9°O / 39, -9 |
| Vixencia | 1927 – |
| Calendario da tempada | – agosto |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | avoltaportugal.com |
A Volta a Portugal (oficialmente: Volta a Portugal em Bicicleta / Liberty Seguros é unha carreira ciclista por etapas, organizada pola empresa Lagos Sports, que se disputa en Portugal polo xeral a mediados do mes de agosto.
Creada en 1927, até 2015 téñense celebrado 77 edicións desta proba. A carreira consta dunha prólogo e 10 etapas, rematando a última delas en Lisboa. Adoita haber unha etapa contra o reloxo e cando menos dúas etapas con final en alto (son tradicionais as etapas con ascensión final ó alto da Senhora da Graça e ó alto da Torre). Entre 1940 e 1980 a carreira duraba 3 semanas. A pesar de ser unha proba con moita tradición, a Volta a Portugal quedou colocada entre o grupo de carreiras de segundo nivel en 2005, coa creación do circuíto UCI ProTour. Actualmente forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.
Considerada a carreira ciclista máis importante de Portugal, por diante da Volta ó Algarve e a Volta ó Alentexo, recibe o alcume de La Grandíssima.
Xerseis
[editar | editar a fonte]Estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Palmarés
[editar | editar a fonte]O galego David Blanco ostenta o récord de vitorias definitivas con 5, seguido do portugués Marco Chagas con 4, e dos tamén portugueses Joaquim Agostinho e Alves Barbosa con 3. Namentres, o campión nas últimas dúas edicións é o español Raúl Alarcón.
Palmarés por países
[editar | editar a fonte]| País | Vitorias |
|---|---|
| 57 | |
| 8 | |
| 6 | |
| 2 | |
| 1 | |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da Volta a Portugal Arquivado 02 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en portugués)