Aurita Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 Ponteareas, España |
Morte | 21 de maio de 2021 (91/92 anos) Ponteareas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Deporte | ciclismo de competición |
Familia | |
Irmáns | Delio Rodríguez, Emilio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros e Pastor Rodríguez Barros |
Áurea Rodríguez Barros, coñecida por Aurita Rodríguez, nada en Ponteareas en 1929 e finada o 21 de maio de 2021, foi unha ciclista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia moi vinculada ao deporte. Os seus irmáns Delio, Emilio, Manuel e Pastor foron ciclistas profesionais con triunfos internacionais. Outro dos irmáns, José, xogou ao fútbol.
Ela participou en competicións de ciclismo[1] e está considerada unha das pioneiras do deporte feminino en Galicia. Foi campioa de ciclismo de Galicia nos anos corenta.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dos hermanos en el podio y un hijo futbolista". AS.com (en castelán). 2020-10-21. Consultado o 2021-05-22.
- ↑ "Ponteareas despide a Aurita, pionera del ciclismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-22. Consultado o 2021-05-22.