Volta ciclista a Galicia
A Volta a Galicia foi unha carreira ciclista por etapas de nivel profesional, clásica do calendario español, que percorría as estradas de Galicia. Comezou a disputarse en 1933, sendo Salvador Cardona o seu primeiro gañador. Até 1955 tivo unha existencia irregular. En 1984 e 1985 celebrouse en xullo, entre 1987 e 1999 en agosto, e no 2000 en setembro. No seu tempo contou con gañadores tan salientables como Miguel Indurain, Julián Berrendero, Delio Rodríguez, Andrew Hampsten ou Abraham Olano. O corredor con máis vitorias é o ponteareán Emilio Rodríguez, con tres.
Outros ilustres participantes na carreira foron Lance Armstrong[1] (gañador dunha etapa na edición de 1992), Claudio Chiappucci (segundo da clasificación xeral en 1994), Pedro Delgado[2], Paolo Bettini (gañador dunha etapa na edición de 1999), Laurent Jalabert (terceiro da clasificación xeral en 1996), Gianni Bugno (gañador dunha etapa na edición de 1993) etc.
A proba desapareceu no calendario do ciclismo profesional trala edición do ano 2000, pero a Volta a Galicia renaceu en 2002 para ciclistas afeccionados, cun formato de 5 etapas que logo foi reducido a 3, disputándose sempre no mes de setembro.
Xerseis[editar | editar a fonte]
No caso da Volta a Galicia, estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Xersei amarelo: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
Xersei verde: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación das metas volantes.
Xersei branco: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
Xersei azul: vestido polo primeiro galego da clasificación xeral.
Palmarés[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Galicia, la primera etapa de la carrera más dura de un campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-07-27. Consultado o 2020-04-22.
- ↑ Vídeo en Youtube da etapa raíña da edición de 1993 con remate en Cabeza de Manzaneda (en castelán)