Reino de Deira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deira»)
Modelo:Xeografía políticaReino de Deira
Deren Rīce (ang) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 54°00′N 0°30′O / 54, -0.5Coordenadas: 54°00′N 0°30′O / 54, -0.5
CapitalYork Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. 450 Editar o valor em Wikidata
Disolución655 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Nortumbria Editar o valor em Wikidata

Deira foi un reino da Inglaterra setentrional durante o século VI. Estendíase desde o río Humber ata o Tees, e desde o mar ata a esquina occidental do Vale of York. Posteriormente uniuse ao reino de Bernicia, situado máis ao norte, para formar o reino de Northumbria.

O nome do reino é de orixe britoa, se cadra de Deifr, que significa "augas", ou de Daru, que significa "carballo", en cuxo caso podería equivaler a "a xente do Derwent",unha derivación que tamén se atopa no nome latino de Malton, Derventio.[1]

Lista de monarcas de Bernicia, Deira e Northumbria desde 547 (dun libro de 1834).[2]

Segundo Simeón de Durham estendíase desde o Humber ata o Tyne, pero a terra era mala ao norte do Tees. Despois de que o reino britano con centro en Eboracum, que pode que se chamase Ebrauc, fose tomado por Edwin, a cidade de Eboracum converteuse na súa capital e pasou a chamarse Eoforwic (o lugar do verrón) polos anglos. Antes disto é posíbel que a capital teña estado en Pocklington ou preto de alí.

O primeiro rei anglo de Deira do que temos constancia é Ælla, que floreceu a finais do século VI tras conquistar o reino aos britóns en 581. Á súa morte, Deira estivo sometida ao rei Æthelfrith de Bernicia, quen uniu ámbolos reinos no de Northumbria. Æthelfrith gobernou ata a ascensión do fillo de Ælla Edwin, en 616 ou 617, quen tamén gobernou os dous reinos ata 633.

Osric, o sobriño de Edwin, gobernou Deira tras Edwin, pero o seu fillo Oswine foi matado por Oswiu en 651. Por algúns anos Deira estivo gobernada por Æthelwald fillo de Oswald de Bernicia.

Beda escribiu sobre Deira na súa Historia Ecclesiastica.

Reis de Deira[editar | editar a fonte]

Reinado Rei Notes
559/560 a 589 Aella
(Aelli)
ÆLLA YFFING DEIRA CYNING
ÆLLA REX DEIRA
589/599 a 604 Aethelric
(Aedilric)
ÆÞELRIC IDING BERNICIA 7 DEIRA CYNING
ÆÞELRIC REX BERNICIA ET DEIRA
Dinastía de Bernicia
593/604? a 616 Aethelfrith ÆÞELFERÞ ÆÞELRICING DEIRA CYNING
ÆÞELFERÞ REX DEIRA
Morto en combate
Dinastía de Deira
616 a 12/14 de outubro de 632 Edwin EDVVIN ÆLLING BERNICIA 7 DEIRA CYNING
EDVVIN REX BERNICIA ET DEIRA
Morto en combate por Cadwallon de Gwynedd e Penda de Mercia
finais de 633 a verán de 634 Osric OSRIC ÆLFRICING DEIRA CYNING
OSRIC REX DEIRA
633 a 5 de agosto de 642 Oswald OSVVALD BERNICIA 7 DEIRA CYNING
OSVVALD REX BERNICIA ET DEIRA
Morto por Penda, rei de Mercia; San Oswald
642 a 644 Oswiu OSVVIO ÆÞELFRIÞING BERNICIA 7 DEIRA CYNING
OSVVIO REX BERNICIA ET DEIRA
644 a 651 Oswine OSVVINE OSRICING DEIRA CYNING
OSVVINE REX DEIRA
Murdered
verán de 651 ata finais de 654 ou 655 Æthelwald ÆÞELVVALD OSVVALDING DEIRA CYNING
ÆÞELVVALD REX DEIRA
654 a 15 de agosto de 670 Oswiu OSVVIO ÆÞELFERÞING NORÞANHYMBRA CYNING
OSVVIO REX NORÞANHYMBRA
Restored
656 a 664 Alchfrith ALCHFRIÞ DEIRA CYNING
ALCHFRIÞ REX DEIRA
670 a 679 Aelfwine ÆLFVVINE DEIRA CYNING
ÆLFVVINE REX DEIRA

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N. J. Higham, The Kingdom of Northumbria AD 350-1100, p. 81
  2. Mackenzie, E. & Ross, M. (1834): An Historical, Topographical, and Descriptive View of the County Palatine of Durham. I. p. xi. Mackenzie and Dent. Newcastle upon Tyne. [1] acceso o 2008-07-23

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Geake, Helen & Joanthan Kenny (eds.) (2000). Early Deira: Archaeological studies of the East Riding in the fourth to ninth centuries AD. Oxford: Oxbow. ISBN 1-900188-90-2
  • Higham, N.J. (1993). The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton. ISBN 0-86299-730-5