Aella de Deira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ælla (Ela, Aella), finado en 588, é o primeiro rei de Deira do que se ten algunha información. Un dos seus fillos foi Edwin de Deira e a súa filla Acha foi esposa de Aethelfrith de Bernicia e nai de Oswald de Bernicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De acordo coa Crónica Anglosaxoa, converteuse en rei o mesmo ano que Ceawlin de Wessex (560), tras a morte de Ida de Bernicia, e reinou por 30 anos. Con todo, a Crónica marca o ano 588 como aquel en que Ælla morreu, sendo o seu sucesor Aethelric. Posiblemente esta foi a razón pola que Florence de Worcester cambiou a data de ascenso ao trono de Ælla ao ano 559, o cal faría manter a duración do seu reinado en 30 anos.

Os manuscritos de Matthew Parker, e as súas subseguintes copias, preservan a seguinte xenealoxía de Ælla:

"Ælla foi fillo de Yffe, o fillo de Uxfrea, o fillo de Wilgisl, o fillo de Westerfalca, o fillo de Sæfugl, o fillo de Sæbaldo, o fillo de Segegeat, o fillo de Swebdæg, o fillo de Sigegar, o fillo de Wædæg, o fillo de Woden".

Nada máis se coñece de Ælla, pero parece ser mencionado na lendaria saga de Gautrek, onde foi visitado polo rei Gautrek.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]