Choquiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sepia elegans")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Choquiño (Sepia elegans)

O choquiño (Sepia elegans, Blainville 1827; antes Sepia italica) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Trátase dunha xiba de pequeno tamaño, ata 8-9 cm de lonxitude. A cor normal é avermellada con tons marelos. Nos brazos presentan dúas filas de ventosas (a xiba tiña catro filas). A cuncha é máis fina, alongada e cunha pequena espiña apical.

Caracterízase porque o ángulo que forma o bordo do manto sobre a cabeza é máis agudo.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribúese polo mar Mediterráneo e Atlántico central e nororiental. Vive sobre fondos areosos ou de lama, desde profundidades duns 25 m ata os 430 metros.

Durante o invierno está presente en augas profundas, pero na primavera e verán ascende a augas pouco profundas para reproducirse. Os ovos son menos numerosos e máis pequenos que na posta da xiba.

Notas[editar | editar a fonte]

Nótese que o nome de choquiño tamén se aplica ás xibas comúns de pequeno tamaño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]