A Clockwork Orange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Clockwork Orange
Autor/aAnthony Burgess
OrixeReino Unido
Lingualingua inglesa e Nadsat
Xénero(s)Humor negro, satirical fiction, ficción filosófica e ficção distópica
EditorialHeinemann
Data de pub.1962
editar datos en Wikidata ]

A Clockwork Orange (A laranxa mecánica) é unha novela de Anthony Burgess publicada en 1962, e adaptada por Stanley Kubrick na película aparecida en 1971. Considerase parte da tradición das novelas distópicas británicas, sucesora de traballos como 1984 e Un feliz mundo novo.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Alex, Pete, Georgie e Lerdo son 4 mozos violentos que non teñen nada mais que un entretemento: roubar, matar, violar e pegar malleiras. Cóntase como os catro realizan os seus actos vandálicos e como se buscan as súas coartadas. Actúan por pura inercia como animais que levan sen comer unha semana, sen importarlles o máis mínimo o dano que poidan producir aos demais. Só buscan o seu propio pracer nestes actos tan deplorables.

Unha mañá Alex erguérase con dor de cabeza e decidiu non ir á clase. Mentres está na súa casa recibe unha visita, era o seu monitor do correccional. Advírtelle que non se meta en leas porque a próxima vez xa non iría ao correccional senón ao cárcere. Cando este marcha, Alex decídese a ir á tenda de discos onde coñece dúas rapazas, as que invita á súa casa onde as emborracha e despois as viola. Despois da súa repudiable acción Alex cae rendido na cama, e cando esperta xa é tarde, pasárase a noite máis a tarde durmindo.

Cando sae da súa casa para empezar unha nova noite de delito encóntrase cos seus compañeiros. Estes explícanlle que están cheos de roubos menores e que querían dar un golpe no que estivese en xogo moito diñeiro ademais do seu desprezo cara a eles. A reacción de Alex non se fixo esperar puxo as cousas no seu sitio e tivo un enfrontamento con Georgie do que saíu vitorioso. Esa noite non comezaba ben,e remataría moi mal.

Despois de múltiples intentos de que unha anciá lles abrise a porta, Alex dispúxose a entrar pola ventá facendo ver así os seus compañeiros que el era o líder. O enfrontamento coa anciá resultou mais duro do que parecía. A anciá defendeuse con uñas e dentes e coa inestimable axuda dos seus gatos, nun dos forcexos a anciá caeu ao chan e resultou mal ferida. Á saída Alex foi golpeado polo Lerdo e quedou inconsciente á saída da casa. Esperando o seu corpo así a chegada da policía. Alex é levado entón a dependencias policiais onde recibe unha malleira por parte da policía. Á mañá seguinte comunicáronlle que a anciá morrera polos seus golpes. El é encarcerado por 14 anos pero Alex empeza a gañar a confianza do capelán do cárcere participando nas misas e facéndolle saber os plans dalgunhas presos para escaparse. A entrada dun novo preso na cela provocou un enfrontamento que rematou coa morte do novo inquilino, e Alex foi culpado e trasladado a un novo sistema de reinserción de presos que se dicía que era completamente eficaz ,e en 15 días o preso estaba disposto para volver á rúa.

Empeza así co programa de reinserción que consistía en ver unha serie de películas nas que se contemplaban unhas escenas cunha crueldade fora da común, acompañadas de música clásica (maiormente a Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven). A súa estancia polo menos era cómoda xa que lle deron unha habitación para el só cunha serie de comodidades que non tiña no cárcere. As sesións eran insoportables para Alex e provocábanlle unha dor que non lla desexaba a ninguén. Os científicos estaban moi contentos coa súa progresión. Finalmente chega o día definitivo e Alex enfróntase á última proba que lle pode devolver a súa liberdade.

Expóñenselle a Alex unha serie de situacións ante as que antes reaccionaría coa violencia, pero agora todo era diferente e Alex xa non era o mesmo, el sentía un esaxerado repudio ante esa violencia que solo lle provocaba dor. Alex pode volver de novo a súa casa pero cando chega atópase con que seus pais alugáranlle a habitación a un señor e xa non o queren na casa.

Despois disto decidiu dar un paseo pola cidade e foi entón á biblioteca onde tivo un reencontro cun vello vítima da súa vida pasada, pero este acordábase ben da cara de Alex e non dubidou nin un momento en darlle unha malleira coa axuda duns compañeiros. Cando chegou a policía a sorpresa foi enorme. Os policías resultaron ser Billy Boy o seu peor inimigo e Lerdo o seu traidor compañeiro.

Estes tomáronse a xustiza pola súa conta e levárono as aforas da cidade onde lle pegaron outra malleira. Cando se foron Alex encontrou unha pequena aldea na que buscou refuxio nunha casa que lle parecía coñecida. Resultou ser a casa dun escritor que fora tamén a súa vítima, pero el non o recoñeceu xa que daqueles tempos Alex cometía os delitos con caretas na cara. Dito home prestoulle toda a axuda necesaria e presentoulle a uns homes que supostamente o ían volver facer unha persoa normal.

Alex foi levado a unha casa onde o encerraron, cando de repente comezou a soar unha música que provocou a Alex unha dor insufrible o que o levou a saltar pola ventá. Alex de repente encontrouse no hospital todo escaiolado sen sentir ningunha parte do seu corpo. Un día recibiu a visita de seus pais que lle dixeron que estaban moi afectados polo que fixeran e que sempre tería un sitio na casa, pero Álex ignóraos e pídelles que se marchen. Tamén recibe a visita do ministro do interior o cal lle pide desculpas polos danos causados e dille que cando saíra de alí tería unha recompensa. Co paso dos días Alex dáse conta que ese repudio pola violencia vai desaparecendo e que por fin seria unha persoa normal.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Alex: É O antihéroe da novela e líder dos seus compañeiros. A miúdo refírese a si mesmo como "Voso Humilde Narrador".
  • George: Georgie intenta socavar a posición de Alex como líder da banda. Máis tarde, morre nun frustrado intento de roubo durante a estancia de Alex no cárcere.
  • Pete: É o menos violento da banda. É o único que non toma partido cando os drugos pelexan.
  • Lerdo: Un membro idiota e completamente corto da banda, continuamente tratado con condescendencia por Alex. Máis tarde convertese nun policía, esixindo a súa vinganza en Alex polo abuso que sufriu baixo o seu mando.
  • P. R. Deltoid: Un traballador social neurótico coa tarefa de manter a Alex no bo camiño. Aparentemente non ten ningunha pista sobre tratar con mozos, e carece de empatía ou de comprensión do seu problemático cargo.
  • O capelán da prisión: o personaxe que primeiro pregunta si realmente a bondade forzada é realmente mellor que a maldade elixida. O único personaxe que realmente está preocupado sobre o benestar de Alex; a pesar diso, non é tomado en serio por Alex.
  • O gobernador: Home que decide deixar a Alex colaborar no experimento sobre a Técnica Ludovico.
  • Dr. Brodsky: Un malévolo científico e co-fundador da Técnica de Ludovico.
  • Dr. Branom: Colega de Brodsky e co-fundador da Técnica de Ludovico. Parece amigábel e case paternal cara Alex ó principio, antes de obrigalo no teatro a ser torturado psicoloxicamente.

A técnica Ludovico[editar | editar a fonte]

A técnica de Ludovico é un tratamento baseado no condicionamento clásico. Consiste en parear un estímulo incondicionado (por exemplo, unha droga que produce vómitos) cun estímulo condicionado (imaxes sexuais e de ultraviolencia) có propósito de que a través da repetición desta mestura (presentación simultánea da droga coas imaxes) o individuo acabe respondendo ás imaxes da mesma forma na que responde á droga (con malestar físico). Finalmente, a presentación do estímulo condicionado, as imaxes, e lamentablemente a música asociada a elas, provoca a resposta condicionada de malestar físico. Alex consegue curarse do tratamento por un proceso chamado Inundación: ó presentarse a música clásica consistentemente sen a droga, a resposta de malestar físico extínguese. (Interpretación baseada en explicación do condicionamento clásico)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]