Selección de hóckey a patíns masculina de Angola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angola
A selección no mundial de 2007.
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Federación Federaçao Angolana de Patinagem
Confederación: FARS
Adestrador:
Capitán:
Títulos mundiais
Mundial "A" -
Mundial "B" -

A selección de hóckey a patíns masculina de Angola é o equipo que representa a Angola nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas pola FARS ou polo CIRH. A selección angolana depende da Federação Angolana de Patinagem (FAP). Trátase dunha das mellores seleccións deste deporte no continente africano xunto coa selección de Mozambique, se ben esta última conta cun título internacional (o Campionato do Mundo "B" do 2006), a selección angolana colleitou mellores resultados no Campionato do Mundo, torneo do cal é habitual dende que ascendera dende o Campionato do Mundo "B" de 1994 (como segundo clasificado) e no que conseguiu como mellor clasificación o 6º posto no Mundial do 2009 disputado en Pontevedra e Vigo (Galiza).

Equipo[editar | editar a fonte]

Estes son os xogadores convocados para disputar a Copa das Nacións de Montreux (Suíza) do 2011.

NOME POSICIÓN
1 Silverio Quiteque
2 Andre Centeno
3 Miguel Gomez
4 Anacleto Silva
5 Afonso Coxe
6 Joao Vieira
7 Andre Gomes
8 Humberto Mendes
9 Joao Pinto
10 Tiago Sousa Porteiro
  • Adestrador: Miguel Riera
  • Asistente: Orlando Graça

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]