Martí Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartí Serra
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Sant Hipòlit de Voltregà, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Martí Serra Molist, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 5 de novembro de 1996, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como porteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Sant Hipòlit de Voltregà, formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Vic, co que debutou na OK Liga na tempada 2014/15, campaña na que se estreou tamén na Liga Europea.[1] Xogou no Vic ata 2017, cando se converteu en novo xogador do Calafell, da Primeira División, a segunda categoría do hóckey nacional. Co club tarraconense logrou o ascenso á OK Liga na súa primeira campaña e militou outros dous anos na máxima categoría, sendo o porteiro titular do equipo. Entre 2020 e 2022 xogou no Lleida, disputando 69 partidos e proclamándose campión da Copa WSE na tempada 2020/21, tras derrotar ao Sarzana italiano na final disputada en Andorra la Vella.[2]

En xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo coruñés, vixente campión de liga, onde ocupou o oco deixado por Marc Grau.[3][4]

Selección española[editar | editar a fonte]

En 2018 foi convocado pola selección española sub-23 para disputar a Copa Latina en Saint-Omer, a onde acudiu como suplente de Blai Roca, proclamándose campión.[5] En novembro de 2021 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección española absoluta, coa que gañou ese mesmo mes o Campionato de Europa, sendo o terceiro porteiro por detrás de Marc Grau e Xavi Malián.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lleida
Selección española sub-23
Selección española

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miranda, Yaiza (21 de abril de 2020). "Martí Serra: “Ningú s’esperava que els nostres jugadors fessin tan bon paper aquest any, crec que hem estat un dels equips més revulsius “" (en catalán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  2. "El Lleida Llista Blava, campeón de Europa de hockey patines por tercera vez consecutiva". COPE (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  3. "El Liceo anuncia el fichaje de su nuevo portero, Martí Serra". DxT Campeón (en castelán). 28 de xuño de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  4. Novo, Chaly (10 de agosto de 2022). "Martí Serra: “Cuando me llamaron me dije: ‘Es mi tren y lo quiero coger’”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  5. "España, campeona de la Taça Latina" (en castelán). 2 de abril de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  6. "España se proclama campeona de Europa por 18ª vez en su historia". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 20 de novembro de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]