Dalarna (landskap)
![]() | |
![]() | |
País | ![]() |
---|---|
Rexión | Svealand |
Condado | Dalarna, Gävleborg, Jämtland, Värmland, Örebro |
Maior lago | Siljan |
Punto máis alto | Storvätteshågna (1 204 m) |
Área | 29 086 km² |
Poboación | 288 017 habitantes |
Densidade | 9,9 hab./km² |
Símbolos | |
Flor | campanula rotundifolia, campanula patula |
Animal | bufo real |
Dalarna é unha provincia histórica sueca (landskap) no norte da rexión de Svealand, no centro do país. Limita ao norte coas provincia de Härjedalen e Hälsingland, ao leste coa de Gästrikland, ao sur coa de Västmanland, e ao leste coa de Värmland e con Noruega.
Historia[editar | editar a fonte]
A mención máis antiga do nome de Dalarna é na Saga de Sverre, no cal a provincia é chamada Järnbäraland[1] e descrita como unha terra pagá que obedecía ao rei sueco no ano 1177. A zona foi incluída dende ao redor do ano 1300 no distrito xudicial de Västmanland e Dalarna, que existiu ata 1849. A parte sur da provincia industrializouse xa dende o principio e organizouse nun bergslag. A provincia seguiu recibindo poboación, especialmente nas áreas fóra de Siljan e Dalälven. Finnmarken seguiu sendo unha área de asentamento no século XIX.
No século XVI Gustav Vasa fuxiu a Dalarna para escapar de Cristián II. No ano 1521 librouse a batalla do transbordador de Brunnbäcks entre as tropas de Cristián II e Gustav Vasa, estas últimas dirixidas por Peder Svensson de Vibberboda e Olof Bonde de Norrbärke. As forzas suecas gañaron a batalla e os dinamarqueses foron expulsados do landskap.
A emigración dende o landskap foi moi grande na última parte do século XIX; 12 353 persoas entre 1881 e 1890 e 5 726 persoas entre 1891 e 1900. A poboación de princicipios do século XX en Dalarna era moi heteroxénea, tendo nacido máis do 90% dos seus habitantes na provincia. Dende o século XVI ata principios do XX moitos emigraron a Estocolmo para traballar alí. Segundo a enciclopedia Nordisk familjebok de 1906 había grandes diferenzas na lingua e nos costumes entre as distintas zonas da provincia, así como nos traxes nacionais.[2]
O duque de Dalarna é o príncipe Gabriel, segundo fillo do príncipe Carlos Filipe e da princesa Sofia.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Harrison, Dick. "När blev Dalarna svenskt?". Svenska Dagbladet. Consultado o 2023-01-08.
- ↑ "1147-1148 (Nordisk familjebok / Uggleupplagan. 5. Cestius - Degas)". runeberg.org (en sueco). 1906. Consultado o 2023-01-09.
- ↑ "H.K.H. Prins Gabriel Carl Walther, hertig av Dalarna - Sveriges Kungahus". web.archive.org. 2017-09-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 2023-01-09.