Concello de Hedemora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°17′N 15°59′L / 60.283, -15.983

Concello de Hedemora
Hedemora kommun
Tjädernhuset 20111016 01.JPG
Casa do concello
Hedemora vapen.svg
Escudo
País Suecia Suecia
Landskap Dalarna
Condado Dalarna
Capital Hedemora
Área e poboación
Poboación 15 432 habitantes
Censo 2022
Área 928,81 km²
Densidade 18,47 hab./km²
Mapa
Hedemora Municipality in Dalarna County.png
Outros datos
Web hedemora.se

Hedemora é un concello sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é Hedemora. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 15 432 habitantes.[2]

Hedemora limita cos municipios de Smedjebacken, Säter, Falu, Avesta, Hofors (no condado de Gävleborg) e de Norberg (no condado de Västmanland).

O río Dal atravesa o concello de Hedemora e o esker de Badelundaåsen tamén percorre o municipio.

Administración histórica[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Garpenberg, Hedemora e Husby. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reformamunicipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Hedemora, dende 1446, na que en 1863 se formou unha cidade municipal.

Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Garpenberg integrouse no de Hedemora, mentres que a cidade de Hedemora e o municipio rural de Husby non se viron afectados.

En 1967 os concellos rurais de Hedemora e Husby integráronse na cidade de Hedemora. O concello de Hedemora fundouse coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización da cidade de Hedemora.[3]

Dende a súa formación ata o ano 2001 o concello pertenceu ao partido xudicial de Hedemora e dende entón pertence ao de Falu.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

En Hedemora atopáronse unhas 40 machadas de pedra verde (trindyxa), das cales 10 apareceron en Strandgården xunto ao río Dal e o resto na paisaxe cha ao redor da cidade. Este é un número baixo en comparación coas aparecidas nas parroquias de Folkarebygden e Västerfärnebo no sueste, que durante a idade de pedra se atopaban nunha baía mentres que Hedemora estaba máis cara o interior. As machadas están datadas no IV milenio a. C. e tamén se atopou un remo da mesma época en Åkermyran, entre Västerby e Österby.[5]

No concello hai 13 lugares de enterramento da idade de ferro que se atopan concentrados priincipalmente en dúas áreas xunto ao río Dal e cara Västerby. En total hai unha 45 tumbas.[5] Dúas tumbas da Idade de Ferro menor (yngre järnåldern) atópanse en Hundkullen, ao noroeste da cidade de Hedemora, aínda que foron saqueadas.[6] Ao carón do actual circuíto de carreiras hai dúas tumbas máis. Unha delas, un montículo, foi investigada por Inga Serning en 1959. Despois atopou un ataude de pedra con ósos queimados e un alfinete de ferro. A segunda, un stensättning, foi investigada e saqueada por Åke Hyenstrand en 1963. Nela había ósos queimados, unha pinza de ferro e fragmentos de cerámica da Idade de Ferro menor. A cerámica é a primeira da idade de ferro atopada en Dalarna.[5]

Os montes de escoura dos séculos VI-VIII indican unha produción primitiva de ferro na zona.[5]

No concello de Hedemora existen seis áreas de túmulos da Idade de Ferro.[6]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Hedemora atópase onde se xuntan os ríos Dal e Badelundaåsen, dous camiños historicamente importantes cara o Alto Dalarna. Polo tanto, durante a Idade Media habá polo menos unha e posiblemente dúas fortificacións, chamadas Grådö skans e Borgaholm. Estas arderon no século XV e foron substituídas pola fortaleza de Borganäs a uns quilómetros río arriba, no concello de Borlänge.

En Hedemora hau varios xacementos de mineral que foron extraídos a escalas diferentes. Os máis importantes estaban en Norberg, Bispberg e Vikaberg (actual Olshytteberget). Posteriormente as minas en Garpenberg pasaron a xogar un papel máis importante, e onde ademais de ferro extraíase cobre e posteriormente outros minerais. De todas as minas de Dalarna, só a mina de mineral de sulfuro de Boliden en Garpenberg aínda está en funcionamento. A extracción de mineral deu lugar a varias pequenas industrias relacionadas co manexo do ferro na zona, incluídas as plantas de Larsbo-Norn e Dormsjö. Os nomes de moitos pobos pequenos rematan en -hyttan, que significa algo así como taller de fundición. En Vikmanshyttan e Långshyttan a manipulación do aceiro segue sendo importante.

O feito de que moitas persoas e bens pasasen por Hedemora deu lugar a aparición dun lugar de mercado, onde se celebran o Pålsmässomarknaden e o mercado de Hedemora, que co tempo se convertería en permanente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-28. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-28. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784. 
  4. "Domsagohistorik - Hedemora tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Hedemora socken : [en bygd i förändring]. Hedemora: Hedemora kommun. 1982 ;. ISBN 91-7260-723-8. OCLC 186186628. 
  6. 6,0 6,1 Christina., Kvarnström Eriksson, (1998). Upptäck Hedemoras kulturminnen : liten utflyktsguide. [s.n.] OCLC 186997318.