Malung-Sälen
Coordenadas: 60°41′N 13°44′L / 60.683, -13.733
Concello de Malung-Sälen Malung-Sälens kommun | |
![]() | |
Centro de Malung | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Dalarna |
Condado | Dalarna |
Capital | Malung |
Área e poboación | |
Poboación | 10 187 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 4 312,5 km² |
Densidade | 2,49 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | malung-salen.se |
Malung-Sälen é un concello sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é Malung. Ata o ano 2007 o municipio chamouse Malung, e trátase do único de Suecia con dous nomes de localidades. En setembro do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 10 198 habitantes.[2]
A montaña máis meridional de Suecia, Transtrandsfjällen, atópase no norte do municipio. As partes do sur do concello son máis baixas, con zonas de premontaña ricas en turbeiras moi accidentadas. Dende a década de 1980 o turismo domina a economía local, en particular o turismo relacionado co esquí na zona de Sälen.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación foi negativa, coa excepción dalgúns anos. Porén, a finais da década de 2010 a tendencia comezou a cambiar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-27.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 30 juni 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 30 juni 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-10-28.