Saltar ao contido

Dactilopíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dactilopíidos
Dactylopiidae

Dactylopius coccus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Familia: Dactylopiidae
Signoret, 1875
Xénero: Dactylopius
Costa, 1835
Especies
Véxase o texto

A dos dactilopíidos (Dactylopiidae) é unha familia de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos, que comprende un único xénero, Dactylopius.[1]

Estes insectos coñécense comunmente como cochinillas,[2][3] nome que tamén se refire especificamente á súa especie máis coñecida, a cochinilla (Dactylopius coccus).[4][5][6]

A cochinilla é un insecto de importancia económica e histórica como fonte principal da tintura carmín que, segundo moitos informes, utilizouse para este propósito nas Américas desde o século X.[2]

O xénero Dactylopius tamén é importante porque varias das súas especies utilizáronse como axentes de control biolóxico de pragas, e porque varias son especies invasoras.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1875 polo farmacéutico, médico e entomólogo francés Victor Antoine Signoret, na súa obra "Essai sur les cochenilles ou gallensectes (Homoptères--Coccides), 14e partie". Annales de la Société Entomologique de France, Séries 1-6 (5) 5: 15-40.

O xénero describiuno en 1835 o zoólogo italiano Oronzio Gabriele Costa.[1]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Dactilopius, está formado polos elementos do latín científico dactyl- e -pius. O primeiro deriva do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo", e o segundo probabelmente do grego antigo πἴος, píos, "gordo", debido á forma do seu corpo.[7]

O nome da familia está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo (e neste caso único), Dactylopius, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.

Como quedou dito, o xénero é monotípico.[8]

No xénero describíronse once especies. Ademais das nove que durante moito tempo se integraban no xénero, D. bassi foi transferida do xénero Coccus en 2001,[9] e D. gracilipilus describiuse recentemente, en 2012.[1]

As especies son:[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Van Dam, A. R. and B. May. (2012). "A new species of Dactylopius Costa (Dactylopius gracilipilus sp. nov.) (Hemiptera: Coccoidea: Dactylopiidae) from the Chihuahuan Desert, Texas, USA. Zootaxa 3573: 33–39.
  2. 2,0 2,1 Ramírez-Puebla, S. T., et al00. (2010): Molecular phylogeny of the genus Dactylopius (Hemiptera: Dactylopiidae) and identification of the symbiotic bacteria". Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Environmental Entomology 39 (4): 1178-1183.
  3. Chávez-Moreno, C. K., et al. (2011): "Distribution and habitat in Mexico of Dactylopius Costa (Hemiptera: Dactylopiidae) and their cacti hosts (Cactaceae: Opuntioideae). Neotropical Entomology 40 (1): 62-71.
  4. cochinilla, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  5. Ledo Cabido, B., dir. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  6. VV.AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-070-1.
  7. Dactylopius no Merriam Webster Dictionary.
  8. Rodríguez, L. C., et al. (2001): "Direction of dispersion of cochineal (Dactylopius coccus Costa) within the Americas" Arquivado 03 de marzo de 2022 en Wayback Machine.. Antiquity 75: 73-77.
  9. 9,0 9,1 "Dactylopiidae species list". Scale Insects: Systematic Entomology Laboratory, USDA, ARS. Arquivada do orixinal o 24-09-201. Consultada o 27 de abril de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]