Día do pai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O día do pai é un día festivo para celebrar a paternidade e crianza por pais, como o Día da mai celebra a maternidade e a crianza materna. Vendedores minoristas promoven que se regalen ferramentas e outros regalos entendidos como masculinos nese día.

Historia[editar | editar a fonte]

O Día do pai ten orixe na antiga Babilonia, hai mais de 4 mil anos. Un mozo chamado Elmesu moldeou e esculpiu en arxila o primeiro cartón. Desexava sorte, saúde e longa vida a seu pai.

Nos Estados Unidos, Sonora Luise resolveu crear o Día do Pai en 1909, motivada pola admiración que sentía por seu pai, John Bruce Dodd. O interese pola data difundiuse da cidade de Spokane para todo o Estado de Washington e de aí tornouse unha festa nacional. En 1972, o presidente americano Richard Nixon oficializou o Día do Pai. En Estados Unidos conmemórase no terceiro domingo de xuño.

Data[editar | editar a fonte]

En grande parte do mundo, estabeleceuse un día do pai para honrar os pais ou antepasados masculinos. Na tradición católica, o dia do pai festéxase o día de San Xosé, (o 19 de marzo no santoral católico). Outras tradicións teñen outros días para celebrar os seus pais. Na actualidade, en moitos países tradicionalmente católicos tamén se festexa un día do pai máis "secular" ou "non relixioso".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]